Cervo
Este domingo, 26 de maio, chega a Cervo a representación da obra “De Vilatriste a Vilalegre”, un espectáculo teatral coproducido polo Centro Dramático Galego e Teatro ó Cubo que está en xira por máis de 100 concellos na celebración do 40º aniversario do CDG. Será ás 12:00 horas na Praza do Souto.
O argumento da obra é o seguinte: “nas aforas de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha brétema misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as habitantes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros intentan compartir o seu achado atopan de fronte a desconfianza e rexeitamento dos veciños.
A morte do alcalde vello e a chegada do novo traen consigo toda unha...
leer másEste mércores, 22 de maio, desenvolverase unha nova actividade enmarcada no programa denominado “Coida Cervo, Cervo ao carón do voluntariado”. Será na Casa do Mar, en San Ciprián, de 17:30 a 19:30 horas e consistirá nunha actividade de manualidades con material de refugallo: plástico, vidro e cartón.
As persoas interesadas en participar deben inscribirse na Oficina de Voluntariado, na Casa da Cultura de San Ciprián.
Este martes, 21 de maio, temos un novo faladoiro da actividade Charlando, incluída dentro do programa Arruguiñas, que organiza o Concello de Cervo. Será ás 18:30 horas, no local social da asociación de Xubilados Terramar, na Casa do Mar de San Ciprián, e titúlase “Educación para a saúde”.
Está dirixido á poboación en xeral e nesta ocasión a temática xirará en torno á xestión emocional, ao envellecemento activo e á importancia da contorna.
Estas sesións están dirixidas por María José Novoa (traballadora social e coach) e Sonia Nogueiras (psicóloga).
“Non te perdas estas charlas didácticas moi necesarias nos tempos nos que vivimos xa que os problemas de saúde mental serán a principal causa de discapacidade no mundo no ano 2030”, explica o Concello de Cervo.
Dentro da programación das Letras Galegas organizada polo Concello de Cervo, este sábado, 18 de maio Leti da Taberna ofrecerá o monólogo titulado “Enredada”. Será ás 19:30 horas no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.
Leticia Miraz, máis coñecida como Leti da Taberna, é taberneira de nacemento e sociosanitaria de formación. En maio de 2020 comezou a subir contidos a TikTok e actualmente acumula decenas de miles de seguidoras nas redes sociais, converténdose nunha "taberneira virtual". Utiliza a retranca para realizar crítica social dende unha perspectiva feminista e en galego.
O Concello de Cervo, en colaboración con diferentes asociacións, programa unha serie de actividades culturais para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano están dedicadas á escritora Luísa Villalta.
O programa foi presentado pola rexedora, Dolores García Caramés, e por representantes de Airiños do Xunco, Cordenaia, As Espalladoras e a asociación de veciños de San Román, que organizan varias das actividades previstas, coa colaboración da Administración local.
A primeira das citas terá lugar o xoves, 16 de maio na Casa da Cultura. Será unha actuación infantil a cargo de Cristina Collazo baixo o título “Procúrase Pepa a Loba”. Na Casa da Cultura, ás 19:30 horas.
Xa o propio Día das Letras Galega, o venres, 17 de maio, ás 12:00 horas, na Praza do Souto, terá lugar unha particular...
leer másO pavillón de San Román de Vilaestrofe, no concello de Cervo, acollerá o próximo 17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas, a I Xuntanza Espallando Letras, organizada pola asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras e a asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe, coa colaboración do Concello de Cervo.
O encontro terá lugar a partir das 18:30 horas e contará coa participación dos Acordeonistas da Mariña, a S.C.R. Ledicia de Burela, e os grupos locais Cordenaia e Fol do Raxal.
Ademais haberá racións de pan, touciño, chourizo e bebida, a prezos populares durante a tarde.
A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e por representantes das asociacións organizadoras ante a Casa do Concello. A alcaldesa quixo darlle os parabéns tanto ás Espalladoras...
leer másEste sábado, 11 de maio, haberá un novo guateque de Arruguiñas, que será amenizado polo DJ Ovo. Nesta ocasión será no Local Social de Trasbar 21:00 horas.
O Concello de Cervo organiza esta actividade en colaboración coa Asociación de Veciños de Trasbar.
Cervo acollerá a mostra fotográfica titulada “Photo xuntanza” e un curso gratuíto de fotografía no mes de maio, na Sala das Carboeiras, en Sargadelos.
Trátase dunha exposición colectiva na que participan catro asociacións e o recoñecido fotógrafo Vicente Ansola. A inauguración está prevista para o domingo 19 de maio ás 18:30 horas.
Como actividade complementaria da man da asociación Os Negativos de Viveiro, vaise impartir un curso gratuíto de fotografía o 25 de maio e o 1 de xuño, en horario de tarde. As persoas interesadas poden recibir máis información e inscribirse neste taller a través do teléfonos 649.03.73.00 (Ocaña) ou 647.56.83.83 (Paco).
Na mostra colectiva participarán: Fotonavia, que é unha asociación creada en Navia (Asturias); Os Potiños, que é un grupo de Carballiño (Ourense...
leer másO Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a asistir o sábado 4 de maio á VIII Foliada e á Feira de Artesanía e Alimentación, que terán lugar na Praza do Souto desde as 11:00 horas.
A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, representantes da Deputación, e por membros da A.C. Recreativa Fervenza de Sargadelos, da agrupación Fol do Raxal e A Morena, que organizan o evento no que colabora, como cada edición, o Concello de Cervo.
O día está repleto de actividades diversas pensadas para desfrutar con amigos e familia. Ás 11:30 horas, está previsto un obradoiro de construción de xoguetes musicais da man de Pablo Pintor, que se desenvolverá nas Escolas Vellas de Cervo. Ás 12:00 horas, no salón de actos do Concello, terá lugar a presentación do traballo de investigación a Gaita na Terra de Melide...
leer másO libro titulado “Mariña inmaterial. Xeografías míticas e sagradas”, escrito por Rafael Quintía Pereira, será presentado na Sala As Carboeiras, local do Concello de Cervo situado no conxunto histórico artístico de Sargadelos. Será este sábado, 27 de abril, ás 18:00 horas.
No acto participarán o autor, Rafa Quintía; o presidente da asociación Mariña Patrimonio, Manolo Miranda; e Irene Sineiro, editora. “Xuntos exploraremos o rico patrimonio inmaterial da Mariña Lucense, destacando a importancia de preservar as nosas tradicións e lendas para as xeracións vindeiras”, explica a editorial Ouvirmos.