Preparativos
A comisión de festas o Noso Foz e o Concello de Foz continúan traballando para que a edición 40 do seu desfile sexa a máis especial a pesar das medidas sanitarias e o COVID. O programa, que está pechando os seus últimos detalles, é amplo e inclúe diversos actos.
O próximo sábado 19 ás 15.00h será a comida de coroación na que sobre ás 17.30h Roberto Gómez (Alfalfa) recibirá a coroa de Andrea García Mondelo.
Os actos continuarán o xoves 24, día no que ás 18.30 se inaugurará a exposición do Entroido no Cenima, que estará adicada aos Pé do Molete, e acto seguido ás 20.00h na carpa da Sala Bahía estrearase o documental conmemorativo deste 40 aniversario.
O venres 25, será a quenda para o pregón ás 20h que darán os Pé do Molete e á súa finalización Dani Irimia levará a batuta das coplas,...
leer más