Cervo
01/03/2015
O 28 de marzo é a data elixida este ano para celebrar o XII Encontro de Palilleiras, tal e como anunciaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Igualdade, Pilar Armada e as profesoras de encaixe Mari Luz Méndez e Modesta Lombardero, que forman parte da organización. Un evento de exaltación da artesanía que todos os anos congrega a centos de persoas no pavillón da Veiga de San Ciprián, tanto palilleiras que se reúnen e fan encaixe a un tempo, como numeroso público interesado en ver de preto este espectáculo.
De feito, a un mes do encontro, son xa 400 as palilleiras inscritas, e a cifra seguirá crecendo ata o día da celebración. O que si está pechado xa é o número de vendedores que exporán os seus artigos na carpa anexa ao pavillón, un total de 25, procedentes de...
leer más 27/02/2015
O Concello de Cervo e as asociacións Alborada, Mulleres Rurais As Espalladoras e Mulleres de San Ciprián deron a coñecer hoxe os actos previstos para o Día da Muller Traballadora, que se van celebrar o 7 de marzo.
Un programa no que traballaron de forma conxunta o goberno local e as tres entidades e que ten como resultado un día completo con actividades durante toda a tarde e que se prolongarán ata a noite. O alcalde, Alfonso Villares, a edil de Igualdade, Pilar Armada, a presidenta de Mulleres de San Ciprián, Amparo Pernas, e a tesoureira das Espalladoras, Raquel Ferreira participaron na presentación.
Os actos comezarán ás 17:30 horas na Casa do Mar, co Café Bombón. Ademais, durante a tarde haberá sesión de fotos con photocall. A...
leer más 26/02/2015
O Concello de Cervo e o Club Medela MTB presentaron esta mañá o cartel e o programa da VI Ruta Medela MTB. Un acto ao que asistiron o alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, Luis Guillén, así como Victor Riera, Marcos Fernández e Abel Ordás, representantes da organización.
Unha ruta que este ano inclúe novidades destacables. Por unha banda cabe destacar o importante incremento no número de inscritos, que chega aos 200, un récord nos seis anos de celebración deste evento. Uns participantes que chegarán ao concello dende distintos puntos de Galicia, Asturias e León.
Ademais, nesta edición a organización fixo certos cambios no percorrido, incluíndo dúas novas baixadas que están xerando moita expectación entre os participantes...
leer más 21/02/2015
Mañá, 22 de febreiro, entre as 10 e as 14 horas terá lugar unha nova edición do tradicional Mercado do Souto en Cervo, organizado por Karrikanta e Airiños do Xunco.
Os que se acheguen ata alí poderán saborear callos preparados, hortalizas, doces, pan, empanadas, requeixo e outras viandas. Desde a organización animan a "participar na cita con doce doces: orellas, filloas, rosquillas, frores... Haberá un agasallo para o máis tradicional e para o máis anovador. Teranse en conta as materias primas utilizadas na eleboración e a súa presentación".
20/02/2015
O campo de fútbol municipal da Veiga abrirá de novo as súas portas este domingo despois das obras de remodelación que promoveu e financiou o Concello de Cervo. Unha instalación que entrará en funcionamento “con fútbol de base”, asegura o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, que explica que os primeiros en competir nel serán os xuvenís do CD San Ciprián, nun partido de portas abertas.
Un encontro que, por ese motivo, será simbólico xa que “marcará o comezo dunha nova etapa deportiva no noso concello, cunha instalación que mellorará a forma de adestrar e xogar”, asegura o rexedor. Así, o Concello decidiu convidar a este primeiro partido (11:00 h.) ás xuntas directivas dos catro equipos de fútbol do municipio así como aos equipos de todas as categorías de fútbol base para que...
leer más 20/02/2015
Esta fin de semana celébrase no municipio unha concentración promovida pola Asociación Galega de Autocaravanas (AGA) coa colaboración do Concello de Cervo. Un evento no que participarán unhas 80 autocaravanas e unhas 200 persoas chegadas de diferentes puntos de Galicia, que se xuntarán na praza dos Campos dende hoxe e ata o domingo.
Uns días nos que os propietarios dos vehículos e as familias percorrerán o municipio, visitando a fábrica de Sargadelos, o Conxunto Histórico Artístico ou a carpintería de ribeira entre outros puntos emblemáticos. Ademais, cabe destacar que o domingo pola mañá haberá unha xornada de portas abertas na que algunhas caravanas abrirán as súas portas en exposición para o público que as queira visitar.
Entre...
leer más 18/02/2015
A Asociación Mulleres Rurais As Espalladoras e o Concello de Cervo presentaron hoxe o cartel e o programa do Entroido de San Román que terá lugar este sábado. No acto estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Xuventude, Yolanda Pedreira, a de Cultura, Begoña Alonso, a presidenta das Espalladoras, Inés Cobas e a tesoureira, Raquel Ferreira, entidade que organiza os eventos e coa que colabora o Concello así como a Asociación de Montes de San Román e a Fundación Alcoa.
En canto ás actividades, comezarán ás 22:30 horas no pavillón da parroquia co desfile de disfraces e o concurso, no que se repartirán ata 1.500 euros en premios repartidos nas categorías individual, parellas, grupos, comparsas (máis de 10 persoas) e charangas (con instrumentos musicais...
leer más 15/02/2015
O curso de palillar arrincou este mes de febreiro con 30 mulleres inscritas, que se xuntan os luns e mércores de 16 a 18 horas na Casa da Cultura para practicar esta arte tradicional guiadas pola profesora de encaixe Modesta Lombardero. Unha actividade que se vén desenvolvendo nos últimos anos como complemento ao Encontro de Palilleiras e no que as alumnas melloran as súas destrezas.
Polo tanto, trátase dun curso de continuidade, “que todos os anos ten moi boa acollida e no que as participantes contribúen a manter viva esta tradición artesanal”, tal e como asegura a edil de Igualdade, Pilar Armada. Así, “ímonos adiantando ao Encontro, experimentando a sensación de palillar e preparándonos para ese grande evento”.
En canto ao Encontro, Armada asegura que o...
leer más 11/02/2015
Airiños do Xunco e o Concello traballan nos últimos detalles dos Entroidos de Cervo e San Ciprián respectivamente, nos que se mesturan as actividades infantís cos desfiles e concursos de disfraces. No caso dos actos para os nenos e nenas, en Cervo teñen preparado o tradicional playback infantil (sábado, 18:30 h., Casa do Concello), mentres en San Ciprián poderán participar nun baile de disfraces (luns, 18 h. Casa do Mar).
En canto aos desfiles, o primeiro será o de Cervo durante o Domingo de Entroido (18 h.) que partirá do pavillón do CEIP e discorrerá polas rúas da vila rematando na praza do Souto, onde se entregarán os premios. En San Ciprián celebrarase o Martes de Entroido (18 h.) con saída e remate na praza dos Campos. Ademais, ese mesmo día haberá música coa...
leer más 06/02/2015
Os actos de Entroido protagonizan a programación do Concello de Cervo para este mes de febreiro, na que inclúen tamén actividades musicais e formativas, entre outras.
Haberá actos de Entroido en Cervo, os días 14 en 16; en San Cibrao, os días 16 e 17; e en San Román, o día 21. Ademais o 13, venres, actuará o Big Band de Foz no auditorio da Casa da Cultura ás 20 horas.
A programación inclúe tamén un encontro de autocaravanas, que terá lugar en San Cibrao do 20 ao 22 deste mes, e un bautismo de buceo, que levará a cabo o día 21 a partir das 10 horas na piscina de Lieiro.