Cervo
O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a participar na proposta culinaria da hostalería de Cervo e Sargadelos que volve esta semana baixo o título Ruta Venres de Petiscos, coa participación do Caseto de Copa, a Pousada O Almacén, a Taberna de Sargadelos e o café-bar cultura A Sacabeira.
A nova edición foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, a concelleira, Mali Méndez, e polos representantes dos establecementos participantes.
As tapas serviranse a un prezo de 2,50 euros e haberá un sorteo mensual dunha cea en cada local, entre as papeletas seladas cada semana nos catro establecementos.
Para este primeiro venres as propostas son as seguintes:
* Caseto de Copa, Spaguitti “frutti di mare”
* Pousada O Almacén, Hutspot
* A Taberna de...
O martes 4 de febreiro é o Día Mundial Contra o Cancro e o Concello de Cervo, en colaboración coa asociación de Xubilados Terramar, convida a toda a veciñanza a participar ese día nunha charla sobre vida saudable e alimentación baixo o título A alimentación como factor protector fronte ao cancro, que impartirá a nutricionista Cristina Rodil.
Será ás 16:30 horas no local social de Terramar, na Casa do Mar, en San Ciprián. A continuación as persoas asistentes poderán desfrutar dunha degustación saudable.
Esta actividade foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; a concelleira, Mali Méndez; e o presidente de Terramar, José Luis Sariego, no local da asociación.
Este sábado, día 25 de xaneiro, o Concello de Cervo celebrará un novo Guateque de Arruguiñas. Será ás 21:00 horas no local social de Lieiro, coa colaboración da asociación de veciños Nosa Señora de Lieiro, e contará coa actuación do dúo Dilema.
O Concello de Cervo anuncia que esta actividade é gratuíta está aberta a todo o público.
O Concello de Cervo programa unha nova edición do campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller. As interesadas en participar poden anotarse desde este mércores e ata o día 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou no teléfono 982.59.51.57.
As partidas xogaranse na cafetería da Casa do Mar e a entrega de premios será na cea con motivo do Día da Muller.
A parroquia de Rúa, no concello de Cervo, celebrará as festas da Candelaria a fin de semana do venres 31 de xaneiro ao domingo 2 de febreiro.
A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, polos membros da Comisión de Festas, Kevin e Roberto Balseiro, e por Míriam Villarquide, en representación da SD Candelaria, que celebrará o venres 31 a II Festa dos Callos, que precederá ás actuacións da París de Noia, a Orquestra La Tremenda e a Discomóbil Conxuro. Os tíckets, por un prezo de 12 euros por persoa, xa se poden adquirir en diferentes establecementos hostaleiros de toda A Mariña. O evento gastronómico está previsto para as 21:00 horas, e celebrarase nunha carpa pechada e climatizada, adaptada a posibles contratempos meteorolóxicos.
A festa continuará o sábado, 1 de febreiro, cunha misa...
leer másO Concello de Cervo anuncia que este próximo sábado, día 18 de xaneiro, celebrarase o primeiro Guateque de Arruguiñas do ano 2025. Será na Casa do Mar, de San Ciprián, ás 20:00 horas e estará amenizado polo dúo Caramelo.
Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Concello de Cervo organiza unha viaxe para asistir a unha representación do Centro Dramático Galego en Santiago o día 17 de xaneiro, venres. Esta actividade forma parte da iniciativa Sobes ao autobús do teatro? Programa de mobilidade do Centro Dramático Galego.
O autobús sairá da Casa do Mar de San Ciprián ás 14:00 horas, a función será ás 18:00 e a hora prevista para a saída desde Santiago é ás 20:00. O prezo da entrada é de 5 euros.
O Concello de Cervo anuncia: “lembrade que tedes que anotarvos para ir e podedes facelo chamando á Casa da Cultura (teléfono 982.59.51.57)”.
O mago Henriko ofrecerá o seu espectáculo de maxia infantil en Cervo o martes 7 de xaneiro. Será ás 18:30 horas na carpa instalada na Praza do Souto.
É unha actividade incluída na programación de Nadal do Concello de Cervo en colaboración coa asociación cultural Airiños do Xunco.
Dentro da programación de actividades de Nadal, o Concello de Cervo ofrece un circuíto de realidade virtual e inchables para as crianzas este sábado, día 4 de xaneiro.
Será na carpa instalada na Praza dos Campos, de San Ciprián, de 17:00 a 19:00 horas.
O municipio de Cervo terá dúas cabalgatas de Reis este domingo, día 5 de xaneiro: unha en San Ciprián desde as 18:00 horas e outra na capitalidade do concello a partir das 19:30 horas.
O Concello de Cervo anuncia que a cabalgata de San Ciprián sairá ás 18:00 horas desde o Pavillón da Veiga e a recepción Real será no Auditorio da Casa da Cultura. Haberá chocolate con biscoito caseiro na Praza dos Campos, da man da asociación cultural Comisión de Festas de Lieiro. Coa colaboración de Mulleres de San Ciprián e da ANPA do CEIP Península da Paz. E a de Cervo empezará ás 19:30 horas na Casa do Concello e irá ata a carpa da Praza do Souto, onde haberá recepción Real, belén vivente, e a actuación de Milicrocas, que é o grupo infantil de cantareiras de Airiños do Xunco, asociación cultural que organiza esta cabalgata.