O Pavillón da Veiga, en San Ciprián, será o escenario o próximo 27 de xullo, sábado, do V Torneo Concello de Cervo de tenis de mesa, organizado polo Club Deportivo San Ciprián en colaboración coa Administración local.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 24 de xullo a través dos contactos 636.531 501, 650.056.872 ou cdsciprian@gmail.com.
A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; o concelleiro, Alfredo Fernández, e por representantes do Club Deportivo San Ciprián.
O Concello de Cervo felicita ao Club Deportivo San Ciprián e á súa sección de tenis de mesa especialmente neste caso, “por seguir a dinamizar durante o verán o noso concello, con actividades deportivas deste nivel, que en edicións pasadas congregaron a un importante número de participantes, e que nesta ocasión, de seguro, volverá ser un éxito”.