Do 12 de xullo ao 15 de agosto poderase visita na Sala de Carboeiras, en Sargadelos, a exposición "Da cor ao Xesto. Pinturas e Tintas Costafreda"

Este verán a Sala das Carboeiras, en Sargadelos, acollerá unha nova e marabillosa exposición de pintura titulada “Da cor ao Xesto”, unha mostra de pinturas e tintas de Costafreda. A inauguración terá lugar o próximo venres, 12 de xullo, ás 19:00 horas, e a exposición permanecerá aberta ao público ata o 15 de agosto.

A mostra incluirá uns 60 cadros de diferente formato, abarcando acrílicos, sumi-é tradicional e técnicas mixtas en tinta, ofrecendo así unha variedade de estilos e técnicas para o deleite dos visitantes.

Como actividade complementaria, a artista impartirá un taller intensivo de pintura Zen sumi-é, promovido polo Concello de Cervo. Este obradoiro terá lugar os venres 26 de xullo e 2 de agosto de 19:00 a 21:00 horas.

A inscrición para o taller é gratuíta e pode realizarse na Casa da Cultura chamando ao 982 59 51 57.