Cervo

06/05/2024

O pavillón de San Román de Vilaestrofe, no concello de Cervo, acollerá o próximo 17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas, a I Xuntanza Espallando Letras, organizada pola asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras e a asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe, coa colaboración do Concello de Cervo.

O encontro terá lugar a partir das 18:30 horas e contará coa participación dos Acordeonistas da Mariña, a S.C.R. Ledicia de Burela, e os grupos locais Cordenaia e Fol do Raxal.

Ademais haberá racións de pan, touciño, chourizo e bebida, a prezos populares durante a tarde.

A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e por representantes das asociacións organizadoras ante a Casa do Concello. A alcaldesa quixo darlle os parabéns tanto ás Espalladoras...

leer más
Etiquetas:
06/05/2024

Este sábado, 11 de maio, haberá un novo guateque de Arruguiñas, que será amenizado polo DJ Ovo. Nesta ocasión será no Local Social de Trasbar 21:00 horas.

O Concello de Cervo organiza esta actividade en colaboración coa Asociación de Veciños de Trasbar.

30/04/2024

Cervo acollerá a mostra fotográfica titulada “Photo xuntanza” e un curso gratuíto de fotografía no mes de maio, na Sala das Carboeiras, en Sargadelos.

Trátase dunha exposición colectiva na que participan catro asociacións e o recoñecido fotógrafo Vicente Ansola. A inauguración está prevista para o domingo 19 de maio ás 18:30 horas.

Como actividade complementaria da man da asociación Os Negativos de Viveiro, vaise impartir un curso gratuíto de fotografía o 25 de maio e o 1 de xuño, en horario de tarde. As persoas interesadas poden recibir máis información e inscribirse neste taller a través do teléfonos 649.03.73.00 (Ocaña) ou 647.56.83.83 (Paco).

Na mostra colectiva participarán: Fotonavia, que é unha asociación creada en Navia (Asturias); Os Potiños, que é un grupo de Carballiño (Ourense...

leer más
Etiquetas:
25/04/2024

O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a asistir o sábado 4 de maio á VIII Foliada e á Feira de Artesanía e Alimentación, que terán lugar na Praza do Souto desde as 11:00 horas.

A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, representantes da Deputación, e por membros da A.C. Recreativa Fervenza de Sargadelos, da agrupación Fol do Raxal e A Morena, que organizan o evento no que colabora, como cada edición, o Concello de Cervo.

O día está repleto de actividades diversas pensadas para desfrutar con amigos e familia. Ás 11:30 horas, está previsto un obradoiro de construción de xoguetes musicais da man de Pablo Pintor, que se desenvolverá nas Escolas Vellas de Cervo. Ás 12:00 horas, no salón de actos do Concello, terá lugar a presentación do traballo de investigación a Gaita na Terra de Melide...

leer más
Etiquetas:
25/04/2024

O libro titulado “Mariña inmaterial. Xeografías míticas e sagradas”, escrito por Rafael Quintía Pereira, será presentado na Sala As Carboeiras, local do Concello de Cervo situado no conxunto histórico artístico de Sargadelos. Será este sábado, 27 de abril, ás 18:00 horas.

No acto participarán o autor, Rafa Quintía; o presidente da asociación Mariña Patrimonio, Manolo Miranda; e Irene Sineiro, editora. “Xuntos exploraremos o rico patrimonio inmaterial da Mariña Lucense, destacando a importancia de preservar as nosas tradicións e lendas para as xeracións vindeiras”, explica a editorial Ouvirmos.

Etiquetas:
25/04/2024

Nas Escolas Vellas da parroquia de San Román, no municipio de Cervo, terá lugar un novo guateque do programa Arruguiñas, organizado polo Concello cervense. Será este sábado, 27 de abril, desde as 18:30 horas e estará amenizado polo dúo D´Caché

Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración da asociación de veciños de San Román.

 

Etiquetas:
24/04/2024

O Concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o  primeiro Campionato Galego de Kung Fu e o primeiro Interautonómico desta mesma disciplina este domingo, 28 de abril.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, presentaron o evento acompañados do director Nacional de Kung Fu da Real Federación Española de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio de Cervo.

Hai xa máis de 80 participantes inscricións de toda Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria e Cataluña. A proba disputarase a partir das 10:00 horas no Pavillón do CEIP Península da Paz.

A competición depende do departamento de Kung Fu da Federación Galega de Kárate, na modalidade de Taijiquan, e os participantes competirán nas modalidades de Taolu (formas...

leer más
23/04/2024

O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, convoca o concurso fotográfico de medio ambiente denominado “Cervo Respecta 2024”.

Os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar de Galicia. Terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio. Deberanse presentar en formato dixital (JPEG), en alta calidade, a unha resolución mínima de 2.048 pixeles sen limitación de tamaño en MB, a través do correo medioambiente@concellodecervo.com. O prazo para presentar as imaxes remata o 23 de maio.

Hai tres premios establecidos: un primeiro, un segundo, e o premio Top Cervo á mellor fotografía na que se identifique claramente algunha localización do municipio....

leer más
23/04/2024

O Concello de Cervo convoca un concurso en conmemoración do Día do Libro, que se celebra este martes, 23 de abril. Os participantes están divididos en tres categorías diferentes en función da súa idade: entre 3 e 6 anos, entre 7 e 11 anos e maiores de 12.

Os máis pequenos, comprendidos entre os 3 e os 6 anos, terán que facer un marcapáxinas. Os nenos e nenas de entre 7 e 11 anos deberán continuar a seguinte historia: “Todo se torceu o domingo a mediodía cando Xoves, o cuarto anano de Brancaneves, non aparecía por ningures. Os recordos de Brancaneves cos seus sete ananos eran ledos e con centos de aventuras divertidas e incribles, que resultaba moi triste pensar que xa non volvería ser así. Por iso, toda a vila das Neves …”. Os maiores de 12 anos poderán elixir entre contar unha anécdota familiar ou proseguir a seguinte historia: “Nunca...

leer más
Etiquetas:
22/04/2024

O Concello de Cervo organiza os encontros titulados Charlando, dentro do programa Arruguiñas. Serán os martes 23 de abril, 21 de maio e 18 de xuño ás 18:30 horas na Casa do Mar, en San Ciprián, concretamente no local da asociación de xubilados Terramar.

O Concello de Cervo, coa colaboración da asociación de Xubilados Terramar, programa estes encontros informativos baixo o título Charlando, que se enmarcan no programa integral de envellecemento activo Arruguiñas, que arrincou no mes de febreiro e que inclúe talleres de memoria, talleres terapéuticos, rutinas de exercicios ou diferentes guateques itinerantes polas parroquias, para contribuír a dinamizar o día a día da veciñanza maior de sesenta anos e fomentar a súa socialización.

Neste caso Charlando é unha proposta aberta á poboación en xeral, que se desenvolverá...

leer más