Cervo

Etiquetas:
17/10/2024

Este sábado, día 19 de outubro, o Grupo de Teatro A Mariña representará a súa obra titulada “Teatro contra o bullying. Eres único”. Será no salón de actos do Concello de Cervo ás 19:00 horas.

Esta representación está incluída dentro do circuíto de teatro afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
11/10/2024

O Concello de Cervo organiza unha andaina popular polo Día Mundial Contra o Cancro de Mama. A cita será o sábado 19 de outubro ás 11:00 horas e o punto de encontro é o peirao de San Ciprián. A continuación haberá unha sesión de Ioga na Casa do Mar, para todas as persoas que desexen asistir.

Os diferentes edificios municipais de Cervo iluminaranse de cor rosa, para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.

Etiquetas:
09/10/2024

A parroquia de San Román celebrará as festas na honra á Virxe do Pilar e á Virxe do Carme do 11 ao 13 de outubro. Os diferentes actos previstos foron presentados pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, polo concelleiro Alfredo Fernández e por unha representación da Comunidade de Montes de Vilaestrofe, entidade que organiza a festa, coa colaboración do Concello de Cervo.

O programa arrinca este venres 11 co SanroDance 2024 a partir das 23:00 horas, no pavillón da parroquia, e que contará coa participación de DJ Pablo Conxuro, DiscoMóbil Alejandro Martínez, e os DJ invitados, Marcos Peón e DJ Balbin.

O sábado 12 haberá misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo ás 13:00 horas, e a continuación a orquestra Costa Dorada será a encargado da sesión vermú, que tamén protagonizará a verbena co grupo Da Silva.

O domingo 13 volverá haber...

leer más
Etiquetas:
08/10/2024

O Concello de Cervo anuncia: “este xoves, día 10 de outubro, temos unha cita importante con motivo do Día Mundial da Saúde Mental: a inauguración da mostra Conecta co mar. O mar é vida”.

O acto será na sala de exposicións da Casa da Cultura, en San Ciprián, ás 11:30 horas.

01/10/2024

O Concello de Cervo anuncia que este mércores, día 2 de outubro, terá lugar a presentación do libro titulado Noches sin dormir, obra de Willy. Será ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura.

A reseña desta publicación, da editorial Círculo Rojo, é a siguiente: “Willy expone en Noches sin dormir los diferentes puntos importantes de su vida, marcando el ritmo a través de sus poesías y canciones. Una forma diferente de afrontar los avatares de la vida y la crudeza de la realidad: amor y desamor, dolor, frustración,... Vida y muerte se debaten en este grito desesperado a la perduración y a la lucha que no deja indiferente a nadie. Siendo combativo de forma original, refleja la sociedad y el tiempo que le tocó vivir, transportándolo a otra perspectiva. En sus poemas invita a la reflexión vital con una sensibilidad, ligereza, fuerza e...

leer más
30/09/2024

O Concello de Cervo pon en marcha outra edición máis do programa Arruguiñas, dirixido á poboación maior de 60 anos, que se desenvolverá desde outubro de 2024 ata xuño de 2025.

O prazo de inscrición está aberto ata o 4 de outubro na Casa da Cultura e no Concello e seguirá aberto dependendo das prazas de cada actividade.

O Concello de Cervo destaca que “a iniciativa, que tivo moito éxito na primeira edición, artéllase sobre os seguintes piares fundamentais: taller de memoria, móvete, actívate e talleres terapéuticos; e como nova incorporación un taller de lingua de signos. Todas estas propostas compoñen unha iniciativa pensada para este grupo de poboación co obxectivo de contribuír a dinamizar o seu día a día, e de que se manteñan activos e activas social, físico e mentalmente”.

 

Etiquetas:
27/09/2024

A parroquia cervense de Castelo celebrará as festas na honra da Nosa Señora do Rosario o 5 e o 6 de outubro.

O Concello de Cervo anuncia que “a cita comezará o sábado 5 ás 13:00 horas coa misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo e a posterior procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo da orquestra Estelamar, que repetirá na verbena a partir das 22:00 horas, co Grupo Puzzle. Xa o domingo 6 haberá misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial de Cervo. A continuación terá lugar a procesión e ao remate haberá sesión vermú a cargo do Dúo Belinda”.

A festa está organizada pola Asociación Cabaleiros do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo, que convida a toda a veciñanza e visitantes a que gocen destas dúas xornadas festivas na parroquia de Castelo.

Etiquetas:
24/09/2024

A asociación cultural Airiños do Xunco organiza a primeira Mostra de Cantareiras e Cantareiros para o día 5 de outubro, sábado. Será no salón de actos do Concello de Cervo ás 18:30 horas e actuarán os grupos de cantareiras e de cantareiros de Son D’Aquí (A Coruña), da A.C. Saíñas (Xove) e Cordenaia, de Cervo.

“Logo de moitos anos traballando polo grupo, Airiños do Xunco volve a celebrar a súa mostra anual pero desta vez de cantareir@s. Temos o pracer de convidarvos á I Mostra de Cantareiras e Cantareiros, que se celebrará o sábado 5 de outubro no salón de actos do Concello de Cervo. Contaremos co grupo veciño AC Saiñas e os amigos de Son D’Aquí, que veñen dende a Coruña”, anuncia Airiños do Xunco, que engade: “agardámosvos a todos para desfrutar dunha representación da nosa cultura”.

Etiquetas:
24/09/2024

A asociación cultural Airiños do Xunco organiza a primeira Mostra de Cantareiras e Cantareiros para o día 5 de outubro, sábado. Será no salón de actos do Concello de Cervo ás 18:30 horas e actuarán os grupos de cantareiras e de cantareiros de Son D’Aquí (A Coruña), da A.C. Saíñas (Xove) e Cordenaia, de Cervo.

“Logo de moitos anos traballando polo grupo, Airiños do Xunco volve a celebrar a súa mostra anual pero desta vez de cantareir@s. Temos o pracer de convidarvos á I Mostra de Cantareiras e Cantareiros, que se celebrará o sábado 5 de outubro no salón de actos do Concello de Cervo. Contaremos co grupo veciño AC Saiñas e os amigos de Son D’Aquí, que veñen dende a Coruña”, anuncia Airiños do Xunco, que engade: “agardámosvos a todos para desfrutar dunha representación da nosa cultura”.

Etiquetas:
20/09/2024

O Concello de Cervo anuncia que esta fin de semana, o sábado 21 e o domingo 22 de setembro, celebrarase un curso nacional de kung fu-tai chi no pavillón do CEIP Península da Paz.

Será impartido por Gran Maestro Yang Jun o sábado de 10:30 a 13:30 e de 17:30 a 19:30 horas e o domingo de 10:00 a 13:00 horas.

Está organizado polo Departamento Nacional de Kung Fu da Real Federación Española de Karate y Disciplinas Asociadas.