Tempo Libre
O Concello de Cervo convoca un curso de monitor de tempo libre para incidir na mellora da empregabilidade da mocidade. Comezará o 8 de xullo e as prazas son limitadas. Enmárcase no programa Avívate en Cervo VII, dirixido a rapaces e rapazas maiores de 18 anos. As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse na Casa da Cultura ata o 5 de xullo.
O curso, que é de balde, tivo unha gran acollida en anteriores edicións, tal e como sinala a alcaldesa, Dolores García Caramés, polo que "apostamos por seguir ofrecéndolle á nosa mocidade esta ferramenta formativa “que contribúe a dotalos da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade nun mercado laboral cada vez máis competitivo”.
O Centro de Formación Ocupacional do Concello de Burela vai impartir desde este mes de abril un curso de “Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil”, dentro da programación de accións formativas dirixidas a persoas desempregadas do plan formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.
Este curso permite o obtención do certificado de profesionalidade que acredita o conxunto de competencias profesionais para o desenvolvemento da profesión no ámbito laboral.
Dentro da súa programación contempla un período de prácticas profesionais en empresas. As persoas que participen teñen acceso a un conxunto de axudas e bolsas para a súa realización.
“Trátase dunha actividade de formación para impulsar a empregabilidade e a inserción laboral dos nosos veciños e...
leer másA iniciativa enmárcase no programa “Avívate en Cervo VI” e está dirixida á rapazada maior de 18 anos
A inscrición é de balde, o prazo remata o 29 de xuño e as prazas son limitadas
O Concello de Cervo vén de abrir a convocatoria para un curso de monitor de tempo libre que se enmarca no programa Avívate en Cervo VI, dirixido a rapaces e rapazas maiores de 18 anos.
O curso, que é de balde, tivo unha gran acollida en anteriores edicións, tal e como apunta a alcaldesa Dolores García Caramés, polo que apostamos por seguir ofrecéndolle á nosa mocidade esta ferramenta formativa “que contribúe a dotalos da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade nun mercado laboral cada vez máis competitivo”.
...
leer más