Baleas
22/08/2018
O Concello de Cervo, a través das súas delegacións de Turismo e Medio Ambiente, organiza unha charla titulada Avistando baleas en San Ciprián, que terá lugar o vindeiro martes, 28 de agosto, ás 20:00 horas, no asteleiro.
Esta conferencia correrá a cargo de Anxo Cao, estudante de Bioloxía que traballou como guía de avistamento de baleas nas Azores.
A actividade enmárcase no programa que se vai desenvolver ao longo do ano con motivo do nomeamento, por primeira vez, á Carpintería de Ribeira Francisco Fra como Centro Azul.
San Ciprián é un dos pobos pioneiros en Galicia na caza de baleas e Anxo Cao abordará temas como a tipoloxía e morfoloxía destes cetáceos, caza, avistamento e estado actual.