O Concello de Cervo convoca un curso de monitor de tempo libre para incidir na mellora da empregabilidade da mocidade. Comezará o 8 de xullo e as prazas son limitadas. Enmárcase no programa Avívate en Cervo VII, dirixido a rapaces e rapazas maiores de 18 anos. As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse na Casa da Cultura ata o 5 de xullo.
O curso, que é de balde, tivo unha gran acollida en anteriores edicións, tal e como sinala a alcaldesa, Dolores García Caramés, polo que "apostamos por seguir ofrecéndolle á nosa mocidade esta ferramenta formativa “que contribúe a dotalos da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade nun mercado laboral cada vez máis competitivo”.