Familias

Etiquetas:
17/03/2025

A Casa da Cultura de Burela acollerá o vindeiro sábado, día 22, ás 18 horas “Moby Dick”, un espectáculo máxico para toda a familia inspirado no clásico de Herman Melville. 

Trátase dunha historia chea de emoción, imaxinación e aventuras, ideal para gozar en familia. 

O prezo da entrada será de 3 euros. 

Etiquetas:
17/03/2025

Este venres, 21 de marzo, comezan os Encontros de Familias Ribadeo 2025. A xornada estará dedicada á educación emocional. 

Desenvolverase no centro sociocomunitario de 18 a 20 horas. Haberá servizo gratuíto de lecer simultáneo para as crianzas.

Estes encontros son un espazo para aprender, reflexionar e compartir experiencias. Están organizados pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia coa colaboración da asociación Guillem Veiga Iglesias. 

Os Encontros de Familias seguirán o 28 de marzo e o 4 de abril. 

12/03/2025

O mércores 19 de marzo ás 18:30 horas o Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz acollerá unha charla informativa sobre orientación académica dirixida exclusivamente a familias. O encontro terá lugar no salón de actos do centro e contará cunha duración aproximada de dúas horas. Estará a cargo de Cristina Eiras López, orientadora de Secundaria e especialista en Trastorno do Espectro Autista (TEA) dentro do Equipo de Orientación Específico. Durante a sesión abordaranse aspectos clave sobre a toma de decisións académicas e profesionais, proporcionando ferramentas e estratexias para acompañar aos mozos e mozas na elección do seu futuro educativo.

Esta charla forma parte do programa ENAPAS (Escola de Nais e Pais), organizado polo Centro de Formación e Recursos (CFR) de Burela, co obxectivo de ofrecer ás familias información clara e útil...

leer más
Etiquetas:
07/03/2025

A Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia organiza a primeira edición de Encontros de Familias, un espazo para aprender, reflexionar e compartir experiencias coa colaboración da asociación Guillem Veiga Iglesias. 

Elena Sierra explica que “este programa incluirá tres encontros: o 21 de marzo estará dedicado á educación emocional; o 28 de marzo aos problemas de conduta; e o 4 de abril a familia e pantallas”. 

A concelleira de Familia indica que “nestes encontros reflexionaremos sobre a relevancia destes temas para mellorar a calidade de vida das nosas familias e velar tanto polo crecemento físico e cognitivo como polo  benestar emocional e social da nosas crianzas”.

A edil ribadense engade que “estes encontros son gratuítos e terán prazas limitadas, que serán reservadas por orde de...

leer más
Etiquetas:
12/09/2024

A Asociación Antonio Gandoy organiza unha charla sobre Orientación na Crianza, que terá lugar o vindeiro luns, 16 de setembro, ás 17:00 horas, na Casa do Concello de Ribadeo.

A conferencia será impartida por Olaia Otero Cao, mestra de educación infantil, facilitadora de disciplina positiva e orientadora familiar da Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy.

Está dirixida a familias con nenos de 0 a 6 anos, a persoas interesadas que busquen un espazo no que aprender, compartir, resolver dúbidas e orientarse na crianza.

As reservas poden facerse no teléfono 679 143 620 e en olaiacao@gmail.com. O prezo é de 15 euros por persoa e 20 euros por familia.

 

Etiquetas:
06/09/2024

A asociación socio-educativa Antonio Gandoy organiza unha charla titulada Crianza respectuosa que se celebrará o mércores da vindeira semana, día 11 de setembro, no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA), en Foz.

A charla será impartida por Olaia Otero Cao, mestra de educación infantil, facilitadora de disciplina positiva e orientadora familiar da asociación Antonio Gandoy. O horario da actividade será de 17:00 a 18:30 horas e o prezo de 15 euros por persoa e 20 euros por familia.

As persoas interesadas poden obter máis información e facer a reserva no teléfono 679 143 620 ou en olaiacao@gmail.com

A conferencia está dirixida a familias con nenos/as de 0 a 6 anos e persoas que busquen un espazo onde aprender, compartir, resolver dúbidas e...

leer más
Etiquetas:
04/04/2024

A compañía teatral Bandullo azul presenta en Foz o espectáculo para público familiar “Filipa cos contos” este domingo, 7 de abril. Será na Casa da Cultural ás 12:00 horas con entrada de balde.

“Este domingo contacontos para gozar en familia con Bandullo azul. Unha sesión "filipante" de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e o humor repártense entre os dous contadores que soben á escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional, a súa experiencia. Haberá tamén historias cantadas. Historias e xogos de palabras feitas cancións. Historias non só do noso entorno máis próximo, senón tamén doutras terras. Contos filipantes, contos cantados e acompañados dunha guitarra. Fran Campos e Filipa, os dous, e cadaquén ao seu xeito, farán posible unha sesión para...

leer más
13/03/2024

A compañía Os Monicreques de Kuka presentará o seu espectáculo “Viva Vivaldi (1, 2, 3 e catro estacións)” en Ribadeo este domingo, 17 de marzo. Será ás 17:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.

O prezo da entrada xeral é de 5 euros e para menores de 12 anos será de balde.

O Concello de Ribadeo explica que é un “espectáculo para público familiar coa música de Vivaldi inspirando pequenas historias que valoran a importancia da natureza e a amizade. Unha pintora (Maruxa), unha escritora (Rosalía) e un músico (Antón), crean un mundo fantástico e poético cunhas marionetas tratadas cunha paleta de cores brillantes e contrastadas”.

 

Etiquetas:
09/03/2024

O Concello de Barreiros ofrece unha nova edición do programa Escola de Familias, que volverá a ser impartida por Disciplina Positiva A Mariña e contará con 3 obradoiros que se desenvolverán mensualmente. O primeiro deles terá lugar o vindeiro 23 de marzo e tratará sobre o papel da familia na educación afectivo-sexual. O segundo versará sobre os modelos de relacións positivas e terá lugar o 27 de abril. E o terceiro e último obradoiro celebrarase o 25 de maio e afondará sobre o uso de internet e a sexualidade. As tres xornadas serán de 10:00 a 12:00 horas no centro sociocultural de San Cosme.

Estes obradoiros abordarán cuestións moi importantes na educación como son a igualdade, o respecto, a diversidade, a identificación e evitación dos abusos, as enfermidades de transmisión sexual, a autoestima e a autoconfianza.

... leer más
Etiquetas:
11/12/2023

Pakolas presenta en Burela o seu concerto “Rockeando coa Ramona Pequena”.

O Concello de Burela acollerá este espectáculo de rock en galego para todas as idades na praza da Mariña. Será ás 18:00 deste sábado, 16 de decembro.