San Ciprián (Cervo) acolle unha Mexillonada Popular este venres, 12 de xullo

Este venres, día 12 de xullo, na Praza dos Campos, de San Ciprián, haberá unha Mexillonada Popular. Está organizada pola asociación Amigos da Maruxaina coa colaboración do Concello de Cervo.

Este evento gastronómico empezará ás 20:00 horas e a partir das 22:00 horas haberá música a cargo de DJ OVO.