Cervo
O Concello de Cervo e o CD San Ciprián, xunto a un grupo de veciños afeccionados ao pádel, organizan o V Torneo de Pádel Cervo que terá lugar nas pistas municipais do complexo deportivo da Veiga do 1 ao 6 de outubro, ambos incluídos.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 29 de setembro no teléfono 639.05. 40.15 (Fran) ou a través da plataforma Mis Torneos Online.
Os xogadores poderán competir nas categorías masculina, iniciación masculina, feminina e mixta, ata un máximo de 16 parellas por categoría. O prezo establecido para inscribirse será de 20 euros nunha categoría e de 28 euros en dúas categorías. O premio será material deportivo para os mellores clasificados, e haberá cadro de consolación tamén en todas as categorías.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e o concelleiro Alfredo Fernández, achegáronse ata o complexo...
leer másCervo será o escenario da II mini btt medela mtb o domingo 29 de setembro a partir das 10:00 horas.
Este evento federado desenvolverase nun circuíto que foi deseñado e trazado nunha parcela municipal do Polígono de Cuíña que lle foi cedida ao club Medela MTB para o desenvolvemento da súa actividade.
A cita deportiva, organizada por este club de ciclismo coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés e polo presidente de Medela MTB, David Riera, que estiveron acompañados por un grupo de rapaces que integran o club nas súa categoría base, e que tamén competirán na cita prevista para finais deste mes.
Os participantes xa se poden inscribir ata o 26 de setembro na web da Federación Galega de Ciclismo nas categorías Promesa Fem., Promesa B, Promesa...
leer másA parroquia de Cervo celebrará a Festa na Honra da Virxe das Dolores a vindeira fin de semana, deste o venres 20 ata o domingo 22 de setembro. A cita, organizada pola asociación Virxe das Dolores, coa colaboración do Concello, foi presentada pola tenente de alcaldesa, Mali Méndez, polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e polo membro da comisión de Festas Francisco Casas.
O Concello de Cervo anuncia que “a antesala dos festexos será este venres, coa ruta Venres de Petiscos nos locais A Sacabeira, O Almacén, O Caseto de Copa e A Taberna de Sargadelos. Xa o sábado 21 arrincará a festa propiamente dita cunha sesión vermú ás 14:00 horas a cargo de Louband Street Band, que repetirá pola noite na verbena a partir das 22:30 horas, seguida de Disco Móbil Conxuro. E o domingo 22 haberá pasarrúas a cargo de Fol do Raxal e misa solemne ás 13:00 horas...
leer másA Área de Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, coa Casa do Mel de Goente, impulsa un curso de Formas de manexo da colmea para a loita contra a velutina en Cervo. Esta actividade é gratuíta e xa completou as prazas ofertadas.
A formación teórica terá lugar no Museo do Mar e a parte práctica levarase a cabo en colmeas do concello mariñán.
O curso celébrase esta fin de semana e permite formar a apicultoras e apicultores na loita contra a vespa asiática. Persoal técnico da Casa do Mel de Goente explicará ás persoas asistentes métodos preventivos para protexer as colmeas desta especie invasora, con contidos teóricos e unha parte práctica.
O curso forma programa de formación en apicultura que está a desenvolver a área provincial, co obxectivo de ampliar e actualizar...
leer másO libro escrito por Irene Regal Jul titulado “Tecendo redes”, publicado por Editorial Galaxia e que recibiu o Premio Novela Vilar Ponte no ano 2022, será presentado no auditorio da Casa da Cultura do Concello de Cervo, en San Cibrao. Será o día 25 de setembro, mércores, ás 20:00 horas. Ademais da autora do libro, no acto intervirá a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés.
Irene Rega Jul naceu en San Cibrao (Cervo) en xaneiro de 1996. Estudou o Grao de Educación Primaria na Unversidade de Santiago de Compostela. Desde os 16 anos comezou a participar en escolmas de verso e prosa, en Diversidad Literara e ACEN, gañando algúns concursos.
O lugar de Trasbar celebrará a próxima fin de semana, do 13 ao 16 de setembro, a romaría de Santa Eufemia.
A cita festiva foi presentada polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por unha representación da asociación de veciños do Burgo de Trasbar, que se encarga da organización dos festexos.
A Romaría dará comezo o venres ás 23:00 horas da man de Disco Móbil Conxuro.
O sábado, ás 13:00 horas será a misa solemne na honra de Santa Eufemia, e a continuación terá lugar a sesión vermú da man do grupo Fénix, que repetirá na verbena con Disco Móbil Conxuro, a partir das 22:30 horas.
O domingo, ás 13:00 horas volverá haber misa, na honra de San Antonio e o Carme, seguida de sesión vermú co Dúo Son de Festa. Ás 20:00 horas, será a misa solemne na capela de arriba e o...
leer másO Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a anotarse ás clases de baile de salón que promoven a organización Arama e a Escola de Baile Hover Cross; e que terán lugar no CEIP Península da Paz, en San Ciprián, e en Cervo se se formase grupo.
A actividade foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o presidente da asociación Arama (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas, polo profesor internacional de baile de salón, Francisco Villarino e pola profesora Sara Morales.
As persoas interesadas poder inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648.033.250, 620.817.300 ou 630.864.427.
O curso está previsto que arrinque o próximo 18 de setembro.
As sesións, unha á semana, serán impartidas por profesores titulados...
leer másO Concello de Cervo anuncia que as súas escolas deportivas infantís e de adultos regresan no mes de outubro “cunha ampla oferta para todas as franxas de idade. Xa podedes facer a vosa inscrición na Casa do Concello ou na Casa da Cultura”.
Nas infantís ofrecen ximnasia rítmica, patinaxe, multideporte, balonmán e voleibol e nas de adultos haberá fit-dance, pilates, ximnasia de mantemento e ioga.
O Concello de Cervo anuncia que mañá, día 6 de setembro, regresan os Venres de Petiscos que propón a hostalería de Cervo e Sargadelos. A ruta, que conta coa colaboración da Administración local, retomarase con tapas elaboradas no Caseto de Copa, na Pousada O Almacén, na Taberna de Sargadelos e no Café Bar Cultural A Sacabeira.
A nova edición foi presentada esta mañá na Casa do Concello pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; e polos representantes dos establecementos participantes: Elsa Fernández, Tomás Mariño, Jessica Carrasco e Bruno González.
As tapas serviranse a un prezo de 2,50 euros e haberá un sorteo mensual dunha cea en cada local, entre as papeletas seladas cada semana nos catro establecementos.
Para este primeiro venres as propostas son as seguintes: Caseto de Copa,...
leer másO Concello de Cervo anuncia que a Casa do Mar, en San Ciprián, acollerá un curso de competencias parentais o día 17 de setembro, martes, de 16:00 a 21:00 horas.
“Trátase dun curso gratuíto organizado desde a Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo AFAMMER-LUGO, coa colaboración do Concello de Cervo, dentro do Plan Corresponsables da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, a fin de avanzar para profesionalizar o sector dos coidados do menor”, explica o Concello de Cervo.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a partir deste martes, 3 de setembro, no teléfono 982.55.77.77.