Cervo

06/08/2024

El Concello de Cervo anuncia la presentación del libro titulado "Una tumba junto al mar", de Javier Bolado. El acto será este jueves, día 8 de agosto, a las 20:00 horas en la Casa da Cultura de San Ciprián.

Etiquetas:
04/08/2024

O Concello de Cervo prepara xunto á Federación Galega de Atletismo e Xunta de Galicia o I Desafío Concello de Cervo para o vindeiro día 14 de agosto, mércores.

A Federación Galega de Atletismo anuncia que “desde as 17.00 e ata 20:00 horas poderemos disfrutar dunha gran xornada atlética, na que entre outras estrelas xa ten confirmada a súa asistencia Adrián Ben. As inscricións serán de balde e realizaranse a través da web...

leer más
01/08/2024

O Concello de Cervo organiza a XXXVII edición da Festa da Maruxaina, que se celebrará o sábado 10 de agosto. A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, os concelleiros Mali Méndez, Alfredo Fernández e Adrián Arias, e por unha representación da asociación Amigos da Maruxaina, que se encarga da pre-maruxaina, e tamén do xuízo a medianoite, e representantes da asociación a Anxuela, nunha festa na que tamén colaboran Mar de San Ciprián, que organizará os Xogos Populares na Praia, e Mulleres de San Ciprián, que colabora na venta das tazas e das camisetas personalizadas na caseta que se instalará na Praza dos Campos.

Ese día 10 serán os actos centrais, pero xa o venres terá lugar a Pre-Maruxaina co gran chupinazo ás 19:00 horas na Praza Nardo Martínez, seguido da concentración de Maruxainos e Maruxainas, onde haberá degustación...

leer más
31/07/2024

O concello de Cervo ten na tardiña deste sábado, 3 de agosto, unha cita co mundo do motor. Así de 18:30 a 19:30 horas terá lugar unha exhibición de coches clásicos na zona do peirao de San Ciprián e na subida ao Faro, organizada por Autoclásico da Mariña Lucense, coa colaboración do Concello, na que participarán máis de medio cento de vehículos antigos das décadas dos 60, 70 e 80.

O Concello de Cervo anuncia que “na concentración tamén participará Santi Martínez, experto neste mundo que publica contidos na súa canle especializada de Youtube “Documentos del Motor”, e que asistirá á cita a bordo do seu Citröen CX GTI, un modelo que este ano celebra o seu 50 aniversario. Como curiosidade, as persoas que se acheguen esa tarde ata o peirao poderán ver un Renault Gordini, coñecido como o coche das viúvas, porque tal e como contan, a súa...

leer más
30/07/2024

O Concello de Cervo anuncia que este venres, día 2 de agosto, será inaugurada a exposición de pintura titulada Espazos Habitados, de Blanca Dacal. O acto está previsto para as 19:00 horas na sala de mostras da Casa da Cultura, en San Ciprián.

Espazos Habitados é o título elixido para a exposición que “é unha viaxe de 25 anos a través da cor polos lugares non que viviu, sentiu e desenvolveu a autora a súa obra pictórica, A Alcarria, Madrid, Cádiz, Bos Aires, A Coruña, Xixón e San Ciprián. Son cadros que, resistindo a 15 mudanzas e reubicacións, mantivéronse decorando e creando espazos. Estas pinturas son testemuñas, compañeiras, reflexos de miradas, paseos, sonos, achados, partícipes de familia, amigas, amigos, vínculos, chanzos e moitas veces só presenza de espazos”.

 

28/07/2024

O programa da TVG Aquí Galicia achégase a Cervo o día 1 de agosto, xoves, ás 16:30 horas na Praza do Souto, para facer un vídeo musical, que se emitirá nun programa especial pola Maruxaina.

O Concello de Cervo anuncia: “con nós estará a recanteira Miriam Cea para interpretar Ajárrate, de Mercedes Peón. Queremos crear un gran pasarrúas ao son desta canción. A convocatoria é para toda a veciñanza de Cervo, que se acheguen representando ás asociacións, clubs deportivos, agrupacións e demais veciños/as de tódalas idades”.

 

 

27/07/2024

O Concello de Cervo anuncia que a piscina de Río Cobo “será o escenario dunha divertida actividade acuática con motivo da Festa da Maruxaina:

Experiencia Sereas e Tritóns”. Esta actividade será o xoves 8 de agosto e está destinada a crianzas de 6 a 13 anos.

Está organizada pola Federación Española de Actividades Subacuáticas, coa colaboración do Concello de Cervo.

As persoas interesadas en máis información sobre esta actividade poden contactar coa organización a través do teléfono 629.08.35.48.

26/07/2024

O Festival Folklórico Internacional de San Ciprián, organizado polo grupo folklórico Mistura e o Concello de Cervo, celebrarase o día 2 de agosto, venres, a partir das 20:00 horas.

O grupo Mistura anima a “vivir una experiencia cultural única e inolvidable con grupos de 3 continentes: Grupo Folklórico Naz, de Kazajistán; Compañía Nacional de México; Grupo Coros y Danzas San Antón de la Peña, de La Zaranda (Murcia) y Grupo Folklórico Mistura, de San Ciprián”.

Durante o festival haberá venda de bolos preñados e empanadas e ao final sortearanse 500 euros.

Etiquetas:
23/07/2024

Cervo será o escenario da XVII Festa do Ovo Frito o mércores 14 de agosto. A cita está organizada polos colectivos Airiños do Xunco e Cabaleiros da Bidueira, coa colaboración do Concello, e foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, a concelleira Mali Méndez, o edil Alfredo Fernández e unha representación destas dúas asociacións que se encargan desta tradicional cita do verán cervense, que “cada ano reúne a milleiros de persoas que se achegan ata as inmediacións da Praza do Souto para degustar este manxar”.

Desde a organización precisan que se comezarán a servir as racións de ovos, patacas, chourizo, pan e bebida a partir das 20:00 horas, a un prezo de 7 euros.

A cita estará amenizada pola Charanga Europa e pola Disco Móbil Conxuro e teñen previstos 8.000 ovos e 4.000 chourizos, que se prepararán en...

leer más
Etiquetas:
22/07/2024

O Concello de Cervo abriu a piscina de Río Cobo este luns, 22 de xullo, e a instalación permanecerá aberta de luns a domingo,  en horario de 15:00 a 21:00 horas, ata o día 31 de agosto.

Coa apertura da piscina de Río Cobo, o Concello de Cervo “incrementa a súa oferta de ocio nesta tempada estival con múltiples alternativas para desfrutar de Cervo e de todo canto pode ofrecer á veciñanza e ás persoas que nos visiten”.