Eventos

28/06/2024

O Concello de Barreiros organiza dúas excursións para poñer o broche final á tempada 2023-2024 das escolas deportivas municipais que “contaron con moi boa participación e nas que xa se está a traballar elaborando a programación da vindeira tempada”. Haberá unha viaxe para crianzas o 3 de xullo e outra para adultos o 5 de xullo.

En canto á excursión para crianzas, o mércores 3 de xullo ao Parque Acuático de Cerceda, “as nenas e nenos pasarán unha xornada divertida gozando das diferentes piscinas e tobogáns cos que conta o recinto”, anuncia o Concello.

A excursión para adultas/os será o venres 5 de xullo cun roteiro de sendeirismo pola ruta do ferrocarril (San Tirso de Abres - A Pontenova). Un percorrido de aproximadamente 14 quilómetros que inclúe desprazamentos desde a Praza do Concello e xantar no Hotel San Briz...

leer más
28/06/2024

A mocidade gozará de cine na rúa en xullo, de sesións dj en xullo e agosto, e de actividades acuáticas do 5 ao 8 de agosto na praia dos Bloques. 

O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, explicou que “as actividades que programamos para a mocidade darán comezo o vindeiro mércores, 3 de xullo, con cine na rúa. No Campo de San Francisco ás 22:30 horas os días 3, 10, 17, 24 e 31 de xullo proxectaranse películas como Amigos hasta la muerte, Super Mario Bros, Salta, A praia dos afogados e Barbie”.

O edil ribadense contou que “tamén haberá sesións  con djs na pista de skate. Serán ás 20 horas con Litainer os días 19 de xullo e 9 de agosto e con Pedro Bermúdez o 12 de xullo e o 2 de agosto”.

Silvent comentou que “ademais na praia dos Bloques do 5 ao 8 de agosto as rapazas e os rapaces...

leer más
Etiquetas:
27/06/2024

FRUGA e a Asociación Galega de Viticultura, en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a tenencia de alcaldía de Viveiro, lanzan unha nova cata e coloquio dos viños da Indicación Xeográfica Protexida Terras do Navia. Será o venres 5 de xullo a partir das 17:00 horas no Centro Comarcal de Viveiro. O deputado de Rural, Daniel García, xunto a representantes do concello e das entidades organizadoras presentaron esta nova formación. 

Durante a xornada as persoas asistentes participarán nunha charla coloquio con José Crusat, da adega Entre os Ríos (IXP Terra de Barbanza e Iria) e José Manuel Méndez, da Asociación Bodegueiros do Navia. Posteriormente haberá unha cata da man do sumiller Martiño Santos con viño da Adega Panchín e Adega Sidrón, de Negueira de Muñiz, e de Bodega da Señora, de Navia Suarna, as tres adegas que...

leer más
27/06/2024

A cuadraxésimo quinta edición da Rapa das Bestas de Campo do Oso, no concello de Mondoñedo, celebrarase este domingo, 30 de xuño.

Para as 10:30 horas está programada a saída dos xinetes para a baixada dos animais ó curro, que será ás 11:30 horas; e ás 12:15 empezará a rapa e marcado dos animais. Ás 14:00 horas haberá sesión vermú, ás 15:00 empezará o xantar popular e a partir das 17:00 horas terá lugar o baile de tarde.

Haberá xornadas de degustación de carne de poldro de balde e a festa estará amenizada por Verónica Cambón.

 

27/06/2024

A parroquia de Argomoso, no concello de Mondoñedo, celebrará as festas na honra a San Pedro esta fin de semana, o sábado 29 e o domingo 30 de xuño.

As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú, amenizada polo grupo Fama, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Cover.

E o domingo ás 13:30 horas haberá misa solemne e despois procesión e sesión vermú larga co grupo Lume.

Etiquetas:
27/06/2024

A parroquia de Miñotos, no concello de Ourol, celebra a festa de San Pedro este sábado, 29 de xuño.

As actividades empezarán ás 13:00 horas con misa solemne seguida de procesión e sesión vermú, amenizada polo grupo Tapyoka, que tamén actuará na verbena xunto a unha disco móbil.

Esta festa está organizada pola asociación de veciños San Pedro de Miñotos.

Etiquetas:
27/06/2024

No campo da feira da Espiñeira (Foz) celebrarase a 2ª Torresmada Popular este sábado, 29 de xuño, a partir das 20:30 horas.

Degustaranse torresmos de porco celta, panceta, chourizos e patacas fritidas.

Haberá mesas cubertas con carpa e festa amenizada polo dúo Energía e o grupo de gaitas de A Subela de Foz.

Este evento está organizado pola asociación cultural Virxe do Pilar, da Espiñeira.

 

Etiquetas:
26/06/2024

O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a participar este sábado, día 29 de xuño, nas festas da Senra, na honra á Virxe do Carme e San Pedro. A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; polo edil da Zona Rural, Adrián Arias; e por membros da Asoc. Cultural e Recreativa O Raxal, como entidade organizadora.

A programación é a seguinte: haberá misa na honra de San Pedro e a Virxe do Carme ás 13:30 horas, cantada polo Coro Parroquial de Cervo, seguida de procesión con Fol de Raxal e Cordenaia, de Airiños do Xunco. A continuación, o grupo Máster protagonizará a sesión vermú. Á noite, a partir das 22:30 horas, haberá verbena de novo amenizada polo grupo Máster, seguida da Disco Móbil Conxuro.

O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a participar nesta festa, que “dá o punto de partida...

leer más
Etiquetas:
26/06/2024

A parroquia ribadense de Arante celebrará as súas festas na honra de San Pedro esta fin de semana, o venres 28 e o sábado 29.

As actividades empezarán o venres con churrascada gratis e verbena amenizada polo grupo América SL.

E o sábado haberá misa solemne ás 13:00 horas seguida de sesión vermú amenizada por Jorge El Latino, que tamén actuará na verbena xunto a Antonio Barros.

 

Etiquetas:
26/06/2024

Viveiro celebrará as festas de San Pedro este venres e sábado, días 28 e 29 de xuño.

As actividades comezarán o venres ás 20:30 horas cunha churrascada e despois haberá verbena amenizada polo grupo Fénix e o dúo Dilema.

E o sábado celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e a continuación terá lugar a procesión e sesión vermú dobre coa orquestra Estelamar e o dúo D´Vicio, que tamén actuarán na verbena.