Eventos

Etiquetas:
26/06/2024

A Deputación de Lugo arrancou este mércores a cuarta edición do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia,do que se beneficiarán preto de 2.000 persoas de 80 asociacións e colectivos lucenses. Nesta cuarta tempada os usuarios e usuarias viaxarán en dúas quendas que permitirán coñecer a provincia en verán, dende hoxe e ata o 19 de xullo, e en outono, de setembro a outubro.  

Entre esta semana e o de xullo viaxarán máis de 250 persoas de 11 colectivos da provincia, que percorrerán o patrimonio natural, histórico, gastronómico e cultural de 9 concellos lucenses. A primeira entidade beneficiaria, a asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa, visita no día de hoxe o Museo do Ferrocarril, o conxunto  monumental de San Vicente do Pino, e o Centro do Viño da Ribeira Sacra.A ruta partiu do Mazo de Santa Comba...

leer más
Etiquetas:
25/06/2024

A parroquia de Mor, no concello de Alfoz, celebrará as festas na honra de San Pedro os días 29 e 30 de xuño, sábado e domingo.

As actividades comezarán o sábado ás 13:00 con misa solemne seguida de procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo do grupo Kalima 3.0, que tamén actuará na verbena, xunto co dúo Belinda.

E o domingo celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá sesión vermú co dúo Belinda.

Estas festas están organizadas pola asociación veciñal de Mor coa colaboración do Concello de Alfoz.

 

25/06/2024

Cangas de Foz celebrará as festas do Carme e San Pedro os días 29 e 30 de xuño, sábado e domingo.

As actividades empezarán este sábado ás 12:30 horas con misa solemne na honra da Virxe do Carme, cantada polo coro Os Castros, de Cangas, e procesión. Despois haberá sesión vemú co grupo Platinum e a partir das 21:00 horas, sardiñada. A verbena comezará ás 22:30 horas e será amenizada polo grupo Platinum, a orquestra Fania Blanco Show e macro disco co DJ Litainer.

E o domingo ás 12:30 horas celebrarase misa solemne na honra de San Pedro, cantada polo grupo Mar Aberto, de Foz, e procesión. Despois haberá sesión vermú a cargo da orquestra D´Noche, que tamén actuará na verbena, a partir das 21:00 horas, xunto á orquestra Los Players.

24/06/2024

A localidade de Saldoira, na Pontenova, celebrará as festas de San Pedro da Ribeira esta fin de semana, concretamente o venres 28 e o sábado 29 de xuño.

As actividades empezarán o venres ás 22:00 horas cunha churrascada e despois haberá verbena co grupo Lume.

E o sábado ás 13:30 horas celebrarase misa solemne cantada por Monse Fernández e procesión. A continuación haberá sesión vermú amenizada por Colimbo, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Galilea.

Etiquetas:
24/06/2024

A parroquia ribadense de Rinlo celebrará as festas na honra a San Pedro este venres, 28 de xuño, e o sábado 29.

As actividades empezarán o venres ás 21:00 horas cunha cea popular e a continuación haberá verbena coa orquestra Salsarena.

E o sábado celebrarase misa solemne ás 12:30 horas e despois haberá procesión e sesión vermú, coa orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto co dúo Epo-K.

Etiquetas:
23/06/2024

Este ano o Concello de Ribadeo conmemorará o 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, con dúas iniciativas destacadas que buscan sensibilizar á poboación e celebrar a diversidade.

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explica que “para sensibilizar e promover unha mensaxe de inclusión, o Concello preparou uns soportes que se distribuirán a todos os establecementos de Ribadeo. Estes soportes levarán unha mensaxe clara: A diversidade enriquécenos sen importar quen sexas e a quen ames. Nesta mensaxe estará o teléfono do servizo Arco da Vella, identificado co número 028, que loita contra a violencia e a LGTBIfobia. En letras grandes e visibles, mostrarase o lema Ribadeo Orgullosa”.

A edil ribadense conta que “ademais ás 21:00 horas no Parque San Francisco, presentarase Feitas ao Sisel: Espectáculo...

leer más
Etiquetas:
23/06/2024

Trabada celebrará a festividade de San Pedro coa tradicional fogueira o venres 28 de xuño na Praza do Concello a partir das 21:00 horas.

Este evento está organizado pola asociación cultural O Picato, que anuncia: “estaremos na Praza do Concello a partir das 9 da noite e contaremos con comida e con servizo de barra. Amenizaranos o DJ do pobo The Sound Project e para os máis pequechos teremos unha colchoneta totalmente gratis. O longo da noite faremos a tradicional queimada e daremos a proba a todos aqueles que o desexen. Se o tempo non colabora cambiaremos de lugar e iremos para o pavillón municipal de Trabada”.

Etiquetas:
21/06/2024

O Concello de Burela conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBI+ con diferentes actos os días 25, 27 e 28 de xuño.

O martes 25 de xuño ás 18.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello terá lugar un obradoiro, impartido pola asociación Alas A Coruña, sobre Diversidade LGTBI+.

O 27 de xuño, ás 18:30 horas no salón de plenos da Casa do Concello, haberá unha charla, impartida pola asociación Arelas, sobre ‘Vivencias Trans, do mito á realidade’, centrada na realidade trans infanto-xuvenil.

O 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBI+, ás 19:00 horas na Praza do Concello procederase á lectura do manifesto institucional cunha mostra de baile tradicional, coa actuación do grupo As Grileiras.

O Concello de Burela apoia as reivindicacións do colectivo LGTBI...

leer más
21/06/2024

O Centro de Iniciativas Turísticas (CIT)e o Concello da Pontenova organizan a fogueira de San Xoán para este domingo, 23 de xuño, no Forno de Boulloso. O evento inclúe un concurso de tortillas.

As actividades empezarán ás 20:00 horas coa presentación das tortillas para o concurso e a elección das dúas mellores por parte dun xurado popular. E a partir das 21:00 horas degustaranse as tortillas, ademais de chourizos á grella, torrezos e pan.

Ademais actuará a Asociación Musical A Chocolateira.

21/06/2024

As asociacións Barrio dos Muíños e O Pasatempo, de Mondoñedo, organizan a festa do San Xoán, que se celebrará nesa zona mindoniense este domingo, 23 de xuño.

As actividades empezarán ás 14 horas cunha sesión vermú, ás 15:00 horas comezará un xantar popular, desde as 17 horas haberá colchonetas e ás 18 horas terá lugar unha “sesión bailoteo”. A música correrá a cargo do solista José Anido.

Ás 21:00 horas farase a Queima do Folión e rematará a festa con máis música.