A Sociedade Cultural Recreativa Ledicia vén de resolver o concurso de carteis convocado co gallo da XXXVIII Feira do Bonito de Burela. Resultou gañador na categoría A (ata 14 anos) Camilo Silva Larrosa; e na categoría B (maiores de 14 anos), Maite Fernández Cendoya. O traballo da categoría A será o que apareza no programa de man e o da B no cartel anunciador da feira. E a poucos días de cerrar definitivamente a programación, confirmase Walls como actuación central para a noite do sábado 3 de agosto en Burela, anuncia Ledicia.
A presidenta de Ledicia, Rocío Rivera Seara, destaca que “a Feira do Bonito é unha actividade froito do traballo e a unión de moita xente e dende Ledicia agradecemos o apoio das diferentes entidades colaboradoras, tanto públicas como privadas, xa que ambos elementos -economía e traballo- son necesarios para sacar adiante unha actividade deste calibre”.