San Martiño e Figueiras, en Mondoñedo, celebran as festas de Santa Isabel os días 6 e 7 de xullo

San Martiño e Figueiras, no concello de Mondoñedo, celebrarán as festas na honra de Santa Isabel esta fin de semana, o sábado 6 e o domingo 7 de xullo.

As actividades comezarán o sábado ás 13:00 con misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú, amenizada pola orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Venús.

E o domingo ás 13:00 horas haberá misa solemne e a continuación procesión e sesión vermú, co dúo Venús.

O campo da festa estará cuberto con carpa.