Comida
A quinta Ruta Cabalar de Viveiro celebrarase este sábado, 28 de setembro, organizada pola Asociación de Cabaleiros do Landro coa colaboración do Concello de Viveiro.
“Máis de cen cabalos participarán nesta bonita iniciativa, saíndo do pavillón e pasando pola ponte e a avenida de Cervantes o sábado pola mañá”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
A xornada, que comezará ás 09:30 horas, inclúe un paseo turístico polos montes de San Roque e unha comida na carpa instalada no pavillón municipal de deportes, amenizada coa música da Disco Móbil Conxuro.
O día 26 de xullo, venres, terá lugar a sexta comida anual dos veciños da Regueira, en Ribadeo.
Os residentes e aquelas persoas que nalgún momento viviron nas rúas Deputación e San Lázaro, na zona ribadense coñecida popularmente como A Regueira, están organizando a súa sexta comida anual, que terá lugar o vindeiro 26 de xullo, venres, no restaurante Voar ás 14:30 horas.
O prezo da comida é de 40 euros e as tarxetas para participar neste encontro veciñal poden adquirirse na tenda de Sargadelos, de Ribadeo, que está situada na rúa Reinante, ata o 23 de xullo.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse a Mª Carmen Pillado (600.277.791), Paco Roibás (639.136.601) e Manolo Álvarez (649.979.036).
O club de fútbol Unión Deportiva Folgueiro, do Vicedo, celebrará unha comida popular este sábado, día 13 de xullo, para celebrar o seu 21º aniversario. Será no campo da festa do Folgueiro, onde haberá carpa.
As actividades desta celebración empezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Zafiro, que tamén actuará pola tarde xunto a un DJ. Tamén haberá sorteos.
O prazo para inscribirse remata o 11 de xullo.
A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, continuando cos actos do trinta aniversario da súa creación, organiza unha comida de confraternidade para rematar o curso.
O xantar terá lugar o 22 de xuño ás 14:30 horas no Restaurante Voar. Esta comida está aberta a todas as persoas que queiran asistir, independentemente de que pertenzan á comunidade escolar actual ou non.
O prezo do menú será de 36 euros para as persoas adultas e de 20 euros para menores de 12 anos. As inscricións poden facerse na Escola ou no propio restaurante ata o 17 de xuño.
A dirección do centro convida a todos a participar nesta comida coa que celebrarán o seu trinta aniversario.
A asociación Barrio dos Muíños, de Mondoñedo, organiza unha comida popular para o día 26 de maio, domingo. Haberá carpa e sesión vermú, amenizada por Eventec Discomovil.
A organización explica que será “un convivio das xentes do barrio dos Muíños. Queremos principalmente contribuír a un reencontro de toda esta veciñanza. Animádevos todos: os socios e socias, veciños, veciñas e persoas que nos apoiades para facer mellor este barrio, que é de todos, das xentes de aquí e de acolá”.
A venda de tickets para participar farase ata o día 20 de maio.
La Asociación de Pensionistas e Xubilados Val de Miranda, de A Pontenova, organiza una comida baile para este sábado, 27 de abril. Se celebrará a las 14:00 horas en el Local de las Sociedades.
Después de la comida actuará el dúo Muralla para amenizar el baile hasta las 20:00 horas.
El plazo para apuntarse finaliza este martes, 23 de abril, y puede hacerse a través de los teléfonos 659.98.84.51, 619.41.40.23 o 676.05.33.92.
O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Mondoñedo organiza a Comida da Igualdade, que se celebrará o domingo 7 de abril ás 14:00 horas na Finca San Antonio.
O CIM de Mondoñedo anuncia: “o domingo 7 de abril teremos a Comida da Igualdade, un encontro lúdico de mulleres e homes nos que compartir un espazo de igualdade. Haberá agasallos para sortear entre as persoas asistentes e animación musical. O prazo para anotarse e recoller as tarxetas nas oficinas do CIM e de Servizos Sociais remata o luns 1 de abril”.
O Iberia Club de Fútbol anuncia que “chega o evento que a familia branquiazul agarda cada ano por estas datas, a nosa comida baile. Será o xoves 28 de marzo nos Colexios Vellos de San Miguel. Despois do éxito da pasada edición, onde pasamos a horario diúrno repetimos formato. Tamén como o ano pasado, antes do propio xantar haberá sesión vermú con DJ e bar aberto dende as 13horas”.
A organización do evento engade que “haberá sorteos, sorpresas e sobre todo un gran ambiente de festa nun ano ademais no que cómpre celebrar a traxectoria dos dous equipos, o sénior e o xuvenil, que están facendo unha gran tempada nos dous casos e que como non pode ser doutra maneira estarán representados pola práctica totalidade de ambas plantillas e corpos técnicos”.
As tarxetas para participar poden comprarse nos bares de San Miguel e a calquera...
leer másO Club Baloncesto Celtas, de Foz, organiza unha comida baile para o 23 de marzo, sábado. Estará amenizada por Mia Disko. O prezo é de 35 euros por persoa.
“Queremos contar con todos vós nesta data: socios, simpatizantes, xogadores, familias, etcétera. Agardamos unha xornada distinta á que estamos acostumados no pavillón, na que poder pasar un bo rato entre os asistentes”, explica a organización.
A asociación de veciños Parroquia do Carme, de Mondoñedo, organiza unha comida para o 24 de febreiro
A asociación de veciños Parroquia do Carme, de Mondoñedo, organiza unha comida para o día 24 de febreiro, sábado, ás 14:00 horas.
Será na Taberna do Valeco e o menú incluirá sopa de cocido, cocido e sobremesa de Antroido. Tamén haberá sorteo de agasallos.
O prezo é de 28 euros para os socios do colectivo organizador e de 32 euros para as persoas que non pertencen á asociación veciñal Parroquia do Carme. Para participar hai que anotarse antes do 19 de febreiro no teléfono 686.511.770 (Ángeles).