San Román

01/11/2024

O Concello de Cervo anuncia que “novembro é o mes do teatro en San Román de Vilaestrofe”. Haberá representacións os días 3, 10, 16, 17 e 23 no pavillón.

A primeira será este domingo, día 3 de novembro, da man do Grupo de Teatro A Mariña, ás 19:00 horas. Representará a obra titulada Teatro contra o bullying: eres único. A seguinte representación deste ciclo correará  a cargo de A Adala Futura, que ofrecerá a obra Rosalía Café. Será o domingo 10 ás 19:00 horas. A compañía Pico do Castro representará Trato a cegas o sábado 16, tamén ás 19:00 horas. A Adala ofrecerá a obra Marina Club o domingo 17 ás 19:00 horas. E rematará o ciclo co grupo Argalleiras, que representará Autopista o sábado 23 ás 18:30 horas.

Etiquetas:
09/10/2024

A parroquia de San Román celebrará as festas na honra á Virxe do Pilar e á Virxe do Carme do 11 ao 13 de outubro. Os diferentes actos previstos foron presentados pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, polo concelleiro Alfredo Fernández e por unha representación da Comunidade de Montes de Vilaestrofe, entidade que organiza a festa, coa colaboración do Concello de Cervo.

O programa arrinca este venres 11 co SanroDance 2024 a partir das 23:00 horas, no pavillón da parroquia, e que contará coa participación de DJ Pablo Conxuro, DiscoMóbil Alejandro Martínez, e os DJ invitados, Marcos Peón e DJ Balbin.

O sábado 12 haberá misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo ás 13:00 horas, e a continuación a orquestra Costa Dorada será a encargado da sesión vermú, que tamén protagonizará a verbena co grupo Da Silva.

O domingo 13 volverá haber...

leer más
27/09/2024

A Asociación de Veciñ@s de San Román do Vicedo anuncia que este domingo, día 29 de setembro, de 17:00 a 20:00 horas realizarán un taller de serigrafía con Stencil. Será na Escola do Vilar, en San Román (O Vicedo).

“Nós poñeremos todo o material necesario. Mostraráseche a teoría proxectada por pantalla, realizarás o teu propio deseño e aprenderás a estampar sobre tea. Vente a sacar o teu talento para dar un toque único e persoal ás túas camisetas e bolsos. Sorprenderás aos teus colegas”, anuncian os organizadores.

O aforo e limitado e as inscricións deben facerse por WhatsApp no número 649.41.89.02.

 

06/05/2024

O pavillón de San Román de Vilaestrofe, no concello de Cervo, acollerá o próximo 17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas, a I Xuntanza Espallando Letras, organizada pola asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras e a asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe, coa colaboración do Concello de Cervo.

O encontro terá lugar a partir das 18:30 horas e contará coa participación dos Acordeonistas da Mariña, a S.C.R. Ledicia de Burela, e os grupos locais Cordenaia e Fol do Raxal.

Ademais haberá racións de pan, touciño, chourizo e bebida, a prezos populares durante a tarde.

A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e por representantes das asociacións organizadoras ante a Casa do Concello. A alcaldesa quixo darlle os parabéns tanto ás Espalladoras...

leer más
Etiquetas:
25/04/2024

Nas Escolas Vellas da parroquia de San Román, no municipio de Cervo, terá lugar un novo guateque do programa Arruguiñas, organizado polo Concello cervense. Será este sábado, 27 de abril, desde as 18:30 horas e estará amenizado polo dúo D´Caché

Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración da asociación de veciños de San Román.

 

Etiquetas:
18/10/2023

O pavillón de San Román, no municipio de Cervo, acollerá un magosto este sábado, 21 de outubro, a partir das 18:00 horas. Haberá actuación dos Acordeonistas da Mariña e degustación gratuíta de castañas.
 
Está organizado pola Comunidade de Montes de San Román, que conta coa colaboración do Concello de Cervo.

 

Etiquetas:
02/10/2022

A parroquia de San Román celebrará as Festas na Honra á Virxe do Pilar e á Virxe do Carmen do 7 ao 12 de outubro.

Os diferentes actos previstos foron presentados polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Cultura, Dolores García Caraméns, e por unha representación da Comunidade de Montes de Vilaestrofe,  entidade que organiza a festa, coa colaboración do Concello de Cervo.

O programa arrinca o venres 7 co SanroDance 2022, que terá lugar a partir das 23:00 horas no Pavillón de San Román e que contará coa participación dos DJs Marcos Peón (Hermo) e David Expósito (Radio Líder) ademais da Disco Móbil Conxuro.

O sábado 8 a verbena estará protagonizada polas orquestras Garibaldi e Charleston Big Band.

Xa o domingo 9, ás 13:15 horas está prevista a misa solemne...

leer más
Etiquetas:
26/02/2019

A parroquia de San Román celebrará o Entroido o sábado 9 de marzo.

A cita, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o edil de Medio Rural, Plácido Pérez; e por representantes das Espalladoras e da Asociación de Montes Veciñais de San Román, que tamén colabora no evento.

A Festa será a partir das 22:30 horas no Pavillón e estará amenizada pola orquestra La Ocaband.

Repartiranse máis de 1500 euros en premios para os mellores disfraces, nas categorías infantil individual, parella e grupo; e adultos individual, parella, grupo, comparsa e charanga.
A inscrición pode facerse chamando ao teléfono 656 272 802. 

Etiquetas:
12/02/2018

A parroquia de San Román celebrará o Entroido o vindeiro sábado, 17 de febreiro.

A cita, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés; e por Raquel Ferreira, en representación das Espalladoras, e Leandro Río, como Presidente da Asociación de Montes Veciñais de San Román, que tamén colabora no evento.

A Festa será ás 22:30 horas no Pavillón e estará amenizada pola orquestra La Ola ADN.

Repartiranse case 1500 euros en premios para os mellores disfraces, nas categorías infantil individual, parella e grupo; e adultos individual, parella, grupo, comparsa e charanga.

A inscrición pode facerse chamando ao teléfono 656 272 802...

leer más