UD Folgueiro

16/10/2024

A Unión Deportiva Folgueiro, do Vicedo, estreará o novo campo Boavista con dous partidos de fútbol, churrascada, música a cargo dun DJ e sorteos este sábado, 19 de outubro.

“Despois de case un ano, este sábado 19 estreamos o novo campo de Boavista cos partidos dos nosos dous equipos: en categoría sénior ás 16:00 horas contra o Celta Barreiros; e en categoría xuvenil contra o Burela SD ás 18.30 horas. E despois disto haberá churrascada e música para todos os asistentes”, anuncia a UD Folgueiro.

08/07/2024

O club de fútbol Unión Deportiva Folgueiro, do Vicedo, celebrará unha comida popular este sábado, día 13 de xullo, para celebrar o seu 21º aniversario. Será no campo da festa do Folgueiro, onde haberá carpa.

As actividades desta celebración empezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Zafiro, que tamén actuará pola tarde xunto a un DJ. Tamén haberá sorteos.

O prazo para inscribirse remata o 11 de xullo.