Eventos
A Mancomunidade de Concellos da Mariña organiza este sábado, 6 de xullo, unha xeoruta polo pregue xigante, en Barreiros. Esta actividade enmárcase dentro do programa de xeoturismo do Plan de Sostibilidade Turística, que está cofinanciado pola Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
A xeoruta do pregue xigante dará comezo ás 10 da mañá e será guiada polo xeólogo Iván Rodríguez. A duración será dunhas tres horas. Os asistentes terán a oportunidade de coñecer a incrible viaxe dunhas rochas que se depositaron hai 500 millóns de anos na costa dun antigo continente do hemisferio sur para atoparse hoxe no litoral de Barreiros despois de pasar polas raíces dunha montaña tan alta como o Himalaya. As persoas que acudan a esta actividade verán os pregues que as deforman e as intrusións de magma que as atravesaron. E...
leer másO Concello de Cervo pon en marcha o programa Enredando no Verán, que ofrecerá diversas actividades para os máis pequenos da casa durante os próximos meses. No mesmo destacan as actividades de teatro e ioga, que terán lugar no pavillón da Veiga.
Os mércores, a actividade de teatro estará dirixida a nenos e nenas de diferentes idades:
•Ás 10:30 horas para crianzas de 6 a 9 anos.
•Ás 11:30 horas para crianzas de 10 a 12 anos.
A actividade dará comezo o 17 de xullo e as inscricións poderán realizarse ata o luns 15 de xullo.
O ioga estará dispoñible en dous días diferentes segundo a idade da rapazada:
•Os martes, ás 12:00 horas, para crianzas de 6 a 9 anos.
•Os xoves, ás 12:00 horas, para crianzas de 10 a 12 anos.
A actividade dará comezo o 9...
leer másA parroquia de San Xorxe, no concello de Lourenzá, celebra as festas na honra a Santa Isabel esta semana, desde o venres 5 ata o domingo 7 de xullo.
As actividades comezarán o venres, día no que haberá verbena amenizada polo dúo Belinda e o grupo América SL.
O sábado celebrarase misa ás 13:15 horas, seguida de procesión e sesión vermú, co grupo Fénix, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Phantom.
E o domingo ás 13:30 horas haberá misa e despois procesión e sesión vermú, amenizada polo dúo Belinda.
O Concello de Foz e a comisión O Noso Foz presentan o cartel das festas do Carme e máis actividades para este mes de xullo.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “en Foz arrancou o verán e como ven sendo tradición as festas do Carme están á volta da esquina. Este ano a temporada estival estará chea de actividades en Foz: música, teatro, danza, literatura, exposicións, homenaxes, actividades para os máis pequenos, etcétera, que encherán os parques, rúas, prazas e edificios”.
Inés López especifica que “esta primeira semana de xullo comeza con múltiples actividades, que serven como antesala á semana grande da patroa. O venres 5 darán comezo os concertos de Sons na Rúa, que poñerán música todos os venres dos meses de verán. Nesta ocasión será o turno da aula de música moderna da Escola de Música,...
leer másViveiro celebra desde este xoves, 4 de xullo, ata o domingo 7 de xullo a XVII edición do seu Mercado Renacentista. Haberá a representación do gran desembarco de Carlos V, numerosos postos de comida, obradoiros, …
"Esta tradicional cita do verán viveirense, celebrada a continuación do Resurrection Fest, contará con numerosas actividades para todas as idades", asegura a alcaldesa, María Loureiro.
O Concello de Viveiro anima á veciñanza a vestir os seus traxes renacentistas para a ocasión.
O teleclub da parroquia de Vilaformán, no concello de Trabada, acolle esta semana o evento titulado "Cine do Eo", con varias actividades abertas á veciñanza, organizadas pola Asociación Cultural Veiguello, de Vilaformán, coa colaboración do Concello de Trabada.
O mércores, 3 de xullo, haberá un taller de dixitalización, retoque e edición de fotos, no que se lle pide ás persoas asistentes que leven imaxes que conten algo da comarca. Celebrarase tamén un creadoiro de guionización, gravación e montaxe de películas de cine, neste caso dirixido a estudantes de cine.
O xoves 4, desde as 22:00 horas, celebrarase un encontro coa veciñanza con pinchos e música, da man do acordeonista Vadim Yukhnevich.
“É unha satisfacción para o Concello que podamos acoller estas actividades, abertas á veciñanza e...
leer másRiotorto celebrará as festas na honra de San Cristóbal esta fin de semana, o venres 5 e o sábado 6 de xullo.
As actividades empezarán o venres ás 22:00 horas cunha cea popular no pavillón polideportivo e a partir das 23:30 haberá verbena amenizada polo DJ Pedro Brmudz e a orquestra Panorama.
O sábado celebrarase misa ás 13:30 horas e despois procesión e bendición de vehículos na Praza das Rodrigas. A continuación haberá sesión vermú co dúo Belinda. Ás 19:30 horas comezará un pasacalles da Charanga Eravisto e pola noite terá lugar a verbena na explanada de abaixo da piscina, amenizada polo dúo Belinda e a orquestra Principal.
Este luns, 1 de xullo, ábrese o prazo de inscricións para a 1ª Andaina Solidaria organizada por Nordés, a asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora, en colaboración co Concello de Mañón.
Esta andaina, cun percorrido de 5 kms con saída e chegada á Praza do Mesón de O Barqueiro, terá lugar o sábado 20 de xullo, estando aberto o prazo para as inscricións ata o venres 19.
O prezo da inscrición solidaria é de 15 € para os adultos e 10€ para menores de 18 anos, destinándose a totalidade do recadado para unha causa solidaria, que nesta ocasión será a doazón dos cartos a unha ONG ou institución que traballe coa infancia na Franxa de Gaza. Sabido é que dende outubro pasado máis de 14 mil menores foron mortos nese territorio do estado Palestino pola acción dos bombardeos, accións bélicas, fame ou enfermidades...
leer másA asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, organiza un ano máis a Romaría de Santo Estevo do Ermo, que terá lugar este sábado, 6 de xullo.
O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “a Romaría de Santo Estevo do Ermo é unha tradición de moitos anos que os veciños e veciñas de Barreiros teñen moi presente e por iso desde a asociación Camiñantes e Camiños a organizamos neste 2024 e preparamos un sábado cheo de actividades”.
O programa deseñado para o 6 de xullo é o seguinte: “comezaremos cunha ruta de polo entorno de Santo Estevo ás dez da mañá. Os participantes recibirán como agasallo un sombreiro. Á unha do mediodía teremos misa cantada polo Coro Airiños do Mar e logo procesión. Despois ás 13:30 horas degustación de sardiñas á que seguirá a sesión vermú ás 14:00 horas con The Sound...
leer másDo 1 de xullo ao 29 de agosto volven as visitas guiadas á lonxa de Burela, un xeito de coñecer todas as especies que capturas os barcos dun dos portos máis importantes do Cantábrico. O 1 de xullo será ás 18:30 horas e o 2 de xullo ás 19:30 horas.
É preciso reservar praza en rutadopeixe.burela.org
O Concello de Burela ofrece ademais durante o verán visitas ao barco museo Reina del Carmen, á Moncloa, a unha conserveira, á igrexa de Vila do Medio así coma un interesante programa de xeorutas. Todo a información está dispoñible en www.burela.org