Candaoso
A 53ª edición da Rapa das Bestas de Candaoso, nos montes de Buio e Lerín, da parroquia viveirense de Boimente, celebrarase esta fin de semana, o sábado 6 e o domingo 7. Esta feira e festa está declarada de interese turístico.
As actividades empezarán o sábado pola tarde coas actuacións musicais do trío Zafiro e a disco móbil Conxuro.
O domingo haberá feira de gando cabalar e para as 10 horas está prevista a baixada do gando e o peche do curro. A sesión vermú estará amenizada polo trío Zafiro e a partir das 16:00 horas disputaranse carreiras e outras competicións de cabalos e burros.
Este fin de semana, días 6 e 7 de xullo, celébrase a rapa das bestas, declarada de interese turístico, do curro de Candaoso nos montes de Buio e Lerín, en Boimente (Viveiro).
O sábado 6 ás 20:00 horas haberá unha degustación gratuíta de chourizos e minihamburguesas de poldro, cortesía de PURAGA. Á noite terá lugar a verbena amenizada polo grupo Fenix e a disco móbil Decibelios.
O domingo 7 ás 10:00 horas terá lugar a baixada do gando e peche do curro. Ás 12:00 h haberá unha degustación gratuíta de chourizos e minihamburguesas de poldro, e ao mediodía celebrarase unha sesión vermú co grupo Fenix. Entre as 15:30 e as 17:00 h., faranse as inscricións no circuíto das carreiras, e ás 17:30 h. darán comezo as carreiras e competicións. Ao finalizar as probas será a entrega de premios no campo da festa.
... leer más