Horarios
Os establecementos hostaleiros de Ribadeo poderán abrir dúas horas máis durante as fins de semana do verán e pontes festivas grazas a Acisa (Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos).
A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, declarou: “parécenos moi interesante poder ofrecerlle este servizo aos nosos asociados e asociadas, deste xeito dáselles a oportunidade de poder traballar mais horas durante estas datas de gran afluencia turística onde as ceas, de amigos e de familia, son moitas e as ganas de festexar e celebrar son aínda mais. Deste xeito tamén a veciñanza poderá gozar de mais horas de lecer na nosa hostalería. Queremos animar ás veciñas e veciños de Ribadeo e da nosa contorna e aos turistas que nos visitan a desfrutar das fines de semana de verán na hostalería ribadense, que ten moito que...
leer másOs locais hostaleiros asociados a Acisa Ribadeo desfrutarán dunha ampliación de 2 horas mais sobre o seu horario habitual de licenza durante as madrugadas das principais datas destas festas de Nadal.
Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo o xerente, Jesús Pérez, explica que “no dia de hoxe vimos de lembrarlles aos nosos asociados e asociadas a resolución do Concello de Ribadeo pola que so os establecementos membros de Acisa Ribadeo contarán con 2 horas mais de autorización para poder traballar nestas datas de Nadal. Grazas a esta ampliación, tramitada por Acisa ante o Concello de Ribadeo, estamos a falar de que nas datas indicadas, os bares e cafeterías poderán pasar de pechar ás 02:30 a facelo ás 04:30 horas, as discotecas e salas de festas de 06:00 a 08:00; e os pubs das 04:00 ás 06:00 da...
leer másOs locais hostaleiros asociados a Acisa Ribadeo gozarán dunha ampliación de 2 horas mais sobre o seu horario habitual de licenza, grazas ao permiso tramitado pola patronal ribadense.
Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo o xerente, Jesús Pérez, explica que “no día de hoxe vimos de recordar aos nosos asociados a resolución do Concello de Ribadeo pola que os hostaleiros membros de Acisa contarán con 2 horas máis de autorización para poder traballar nas principais datas destes festexos da localidade. Grazas a esta autorización, tramitada por Acisa, estamos a falar de que nas madrugadas dos días 2 ao 3, do 3 ao 4, do 4 ao 5, do 5 ao 6, do 6 ao 7, do 7 ao 8, do 8 ao 9, do 9 ao 10 e do 10 ao 11, é dicir toda a semana de festas patronais mais o seguinte fin de semana, os bares e cafeterías poderán pasar...
leer másA piscina municipal abre as súas portas desde día 1 de xullo e ata o 31 de agosto con entrada de balde e en horario de 12:00 a 20:00 horas, cunhas instalacións remozadas e con dous vasos (un de xuvenil e adultos e outro de infantil).
Tamén o ximnasio municipal modifica os seus horarios de cara ó verán para poder disfrutar do bo tempo e abrindo as súas portas de luns a venres de 19:00 a 23:00 horas e os martes e os venres de 10:00 a 13:00 horas.
Uns prezos económicos para poder disfrutar del por 10,00€/mes individual, e 9,00€/mes máis por cada familiar que forme parte do bono e se se decide ir por días soltos, 2,00€/día.
Para obter máis información ou para facerse socio hai que poñerse en contacto coas oficinas municipais no 982574000 de 9:00h. a 14:00h. de luns a venres e para cuestións...
leer másOs locais hostaleiros asociados Acisa Ribadeo desfrutarán dunha ampliación de 2 horas mais sobre o seu horario habitual de licenza durante as madrugadas das principais datas festivas e de afluencia turística.
Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo o xerente, Jesús Pérez, explica que “no dia de hoxe vimos de recibir a resolución do Concello de Ribadeo pola que os nosos asociados contarán con 2 horas mais de autorización para poder traballar nas principais datas de festexos e afluencia turística. Grazas a esta autorización, tramitada por Acisa ante o Concello de Ribadeo, estamos a falar de que nas datas indicadas, os bares e cafeterías poderán pasar de pechar ás 02:30 a facelo ás 04:30 horas, as discotecas e salas de festas de 06:00 a 08:00; e os pubs das 04:00 ás 06:00 da madrugada”.
... leer másOs locais hostaleiros asociados a Acisa desfrutarán dunha ampliación de 3 horas mais sobre o seu horario habitual de licenza durante a madrugada de Fin de Ano, do 31 de decembro ao 1 de xaneiro.
Desde Acisa subliñan que “a devandita ampliación ten como hora límite as oito da mañá do día de Aninovo”. E engaden que “a Policía Local conta co listado dos establecementos que se poden beneficiar desta ampliación horaria, que son os socios de Acisa, así como con copia das autorizacións emitidas”.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos tramitou tamén a autorización de ampliación dunha hora sobre o horario habitual para o sector hostaleiro durante o primeiro trimestre de 2020. En xaneiro serán as madrugadas do 3 ao 4, do 4 ao 5 e do 5 ao 6; en febreiro as madrugadas do 14 ao 15, do 15 ao 16, do 21...
leer másA Oficina de Turismo de Foz, que está situada no edificio do Cenima, estará aberta no verán, durante os meses de xullo e agosto, de luns a sábados de 10 a 14 horas polas mañás e de 16:30 a 20:00 horas polas tardes. Os domingos abrirá de 11 a 14 horas e os festivos de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
O punto de información turística da Basílica de San Martiño, que está no centro de interpretación da mesma, tamén estrea horario de verán. De martes a sábado de 10:30 a 14:00 horas polas mañás e de 16 a 20 horas polas tardes. Os domingos abre de 10:30 a 13:00 horas e os luns está pechado.
Haberá visitas guiadas á Basílica de San Martiño ás 10:30 e ás 19:15 horas. As persoas interesadas en contar con este servizo poden solicitalo con Silvia Blach no 982 13 26 07 ou 620 623 592.