O club de fútbol UD Folgueiro, do Vicedo, celebra unha comida popular este sábado, 13 de xullo

O club de fútbol Unión Deportiva Folgueiro, do Vicedo, celebrará unha comida popular este sábado, día 13 de xullo, para celebrar o seu 21º aniversario. Será no campo da festa do Folgueiro, onde haberá carpa.

As actividades desta celebración empezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Zafiro, que tamén actuará pola tarde xunto a un DJ. Tamén haberá sorteos.

O prazo para inscribirse remata o 11 de xullo.