Barreiros
A mañá do domingo 6 de abril terá lugar unha nova andaina organizada por Guía tu Día.
Consistirá nun paseo guiado de 10km (dificultade baixa) bordeando a ría de Foz, pasando por lugares interesantes como a lagoa dos Patos, varios miradoiros con vistas á ría e a Foz, as fantásticas praias de Barreiros e o seu paseo marítimo. Falarase tamén de fauna e flora.
Durante o camiño farase unha parada para xantar de picnic. E a volta será tren. As mascotas tamén poden participar, unicamente deberán traer bozal para poder montar no tren.
Esta visita guiada ten un custo de 10€ persoa. Para máis información e reservas poden chamar á guía Ana no 654 99 68 57.
O Concello de Barreiros, desde a Área de Igualdade, organiza un novo campamento infantil baixo o programa +Concilia Abril como medida de conciliación familiar durante o período non lectivo de Semana Santa. Trátase dunha actividade na que se ofertan 50 prazas e que se vai desenvolver no CEIP de San Cosme de Barreiros os días laborais comprendidos entre o 14 e o 21 de abril en horario de 9:30 a 13:30 horas. Poderán participar todas aquelas crianzas nadas do 01/01/2013 ao 31/12/2021.
As inscricións deberán presentarse no rexistro do Concello de Barreiros en horario de 9:30 a 14:30 horas ou a través da súa sede electrónica antes de que finalice o prazo, o 2 de abril.
Participar neste programa terá un custo de 5 euros para crianzas empadroadas no concello de Barreiros e de 20 euros para as non empadroadas.
... leer másNo Concello de Barreiros foi presentada, en presenza da alcaldesa, Ana Ermida, do concelleiro de Deportes, Daniel García e do representante do club organizador, Club Barreiros Multisport, a I edición da Valkiria Race, un evento deportivo pioneiro na comarca que acolle varias probas competitivas de Pentatlón Moderno e unha carreira de obstáculos, e que espera reunir a máis de 800 deportistas ofrecendo un espectáculo sen precedentes en Barreiros.
O evento arrancará o sábado 20 de setembro cunha xornada competitiva do Campionato de España de Laser Run e outra carreira de Laser Run en modalidade de relevos da Liga Nacional de Clubs. E o domingo 21 disputarase a carreira de obstáculos, un desafiante recorrido de 10 km con máis de 38 obstáculos, integrada na Liga Nacional AOCO (Asociación de Organizadores e Clubs de Obstáculos de España), que...
leer másAs Escolas Vellas de San Cosme de Barreiros (Anexo do edificio do Concello) acollerán o domingo 30 de marzo (19:00 horas) unha conferencia sobre os resultados do proxecto de escavación en Santo Estevo do Ermo, impulsada por Mariña Patrimonio, a Fundación Eira da Xoana e a Irmandade de Santo Estevo coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros.
O director da escavación Francisco Alonso Toucido encargarase deste acto divulgativo en que fará o balance das sondaxes e catas que realizaron o pasado mes de outubro, enfocadas en localizar os restos da igrexa e as cabanas das eremitas que fontes históricas escritas ubican neste lugar desde o século XII.
O deputado Daniel García, que visitou o xacemento nas últimas semanas xunto coa alcaldesa Ana Ermida, o concelleiro Dámaso Ratoeira...
leer másA parroquia de Celeiro de Mariñaos, no concello de Barreiros, celebrará a terceira edición da Festa do Veciño o día 5 de abril, sábado.
Haberá cea a partir das 21:30 horas e para participar as entradas véndense anticipadamente en Bar Xunqueira (Vilamar) e Casa Lozano (Celeiro) ata o 30 de marzo.
Despois da cea o baile estará amenizado por José Manuel, de Abanico.
Este evento está organizado pola Asociación de Veciños de Celeiro de Mariñaos, que destaca que para a celebración desta festa disporán de carpa.
A terceira edición das Xornadas Etnográficas da Mariña celebrarase en Barreiros desde o 30 de maio ata o 1 de xuño.
Haberá encontros, monográficos, exposicións, mostra etnográfica, concertos, foliada e moito máis.
Estas xornadas están organizadas por Tecedeira, que é un é un proxecto de investigación, compilación e divulgación das músicas de tradición oral. E conta co apoio da Área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Este venres, día 14 de marzo, ás 11:30 horas o Concello de Barreiros inaugurará a exposición titulada Mulleres por Mulleres na carpa da Praza do Concello, en San Cosme. É unha mostra que recolle as historias de vida de 12 mulleres barreirenses, poñendo en valor os seus logros e achegas.
Esta exposición estará na Praza do Concello de Barreiros ata o 31 de marzo e a partir de abril trasladarase aos centros escolares para que o alumnado coñeza ás mulleres protagonistas destas historias.
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) organiza un roteiro por Barreiros para este domingo, día 16 de marzo. Para participar hai que reservar a praza antes do venres 14 de marzo ás 13 horas.
ADEGA anuncia: “o vindeiro domingo 16 de marzo achegarémonos ata a Mariña lucense para coñecer a mina de ouro da Cova, situada no entorno da ría de Foz, e xa pola tarde achegarémonos ata a fraga de Santo Estevo do Ermo, en Barreiros. O percorrido pola ría é de 6 quilómetros (dificultade baixa) e o de Santo Estevo, 2 quilómetros (dificultade media). A ruta iniciarase en Viladaíde, onde deixaremos os coches e dende onde comezaremos a camiñada cara á ribeira da ría de Foz. Neste tramo, faremos unha pequena travesía pola zona intermareal, seguindo un percorrido con fermosas vistas da ría ata chegar á zona da mina romana de ouro da Cova. Ao...
leer másO Concello de Barreiros organiza durante este mes de marzo varias accións para celebrar o Día Internacional da Muller “promovendo a igualdade e visibilizando o papel fundamental das mulleres na sociedade”.
Este ano, en colaboración co obradoiro de emprego de dinamización que comparte co Concello de Ribadeo, levará a cabo varias actividades aos centros escolares.
No CEIP de San Cosme, este venres, 7 de marzo, ás 11:00 crearase a Árbore da igualdade. O alumnado do centro vestirá unha das árbores do recinto escolar para transformala nunha árbore da igualdade. As nenas e nenos tamén elaborarán pancartas e mensaxes de igualdade e apoio á muller que pendurarán da árbore simbolizando o seu compromiso cunha sociedade máis xusta e equitativa.
Os nenos e nenas do CEIP de San Miguel, xunto...
leer másLa segunda etapa de la peregrinación a Santiago de Compostela organizada por la asociación Amigos Camino del Mar hará el recorrido de Barreiros a Fazouro este domingo, día 9 de marzo. Para participar hay que apuntarse antes del jueves.
La organización anuncia: “saldremos a las 9:15 horas del restaurante Asador, en Barreiros, en dirección a A Ponte Vella, de Fazouro (Foz). Esta etapa es de unos 19 kilómetros aproximadamente. Caminaremos por lugares que aparecen en la documentación histórica vinculada a la peregrinaciones en siglos pasados: capilla de A Espiñeira, Iglesia de Vilaronte, Capilla del Carmen, Basílica de San Martiño, Bispo Santo, Marzán,... y A Ponte Vella, cerca de la Iglesia de Santiago, de Fazouro. Sellaremos nuestras credenciales en un lugar emblemático de Foz, de la Mariña, de Galicia, y de España: en la Basílica de San...
leer más