Andaina
O Concello de Xove inicia as actividades do Mes da Muller cunha andaina e chocolatada o día 8 de marzo, sábado.
“En Xove marzo é o Mes da Muller. Así quixemos lematizar este ano á programación de actividades polo Día Internacional da Muller, sendo o noso obxectivo principal seguir avanzando cara a unha sociedade mais igualitaria. Por isto este ano o mes de marzo estará cheo de actividades dirixidas ás mulleres, comezando o día 8, no que terá lugar unha andaina ás 17:00 horas. O punto de saída será o Centro Cívico do Concello. As persoas que desexen participar deberán inscribirse no Departamento de Servizos Sociais, de maneira presencial, antes do día 5 de marzo”, anuncia o Concello de Xove, que engade: “posteriormente, ás 18:30 horas, celebrarase no salón de actos a xa coñecida chocolatada”.
A segunda edición da andaina Burela en Marcha Contra o Cancro celebrarase o día 2 de febreiro, domingo, con saída ás 11:00 horas dende a Praza da Mariña e o percorrido será ata a praia da Marosa, ida e volta.
Está organizada pola Asociación Española Contra o Cancro, que anuncia que “o prezo da inscrición con camiseta son 10 euros. Se queres colaborar e non podes participar podes sumar cunha doazón, coa achega que ti elixas”.
Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Ourol organiza un ano máis a Andaina contra a Violencia de Xénero. Será o propio día 25 de novembro, luns, ás 12:30 horas no Paseo da Rega
O Concello de Ourol explica que “esta actividade ten como obxectivo sensibilizar á poboación sobre o problema mundial que representa a violencia contra as mulleres e concienciar tanto a mulleres coma homes da importancia de que todas as persoas axuntemos forzas para rematar con esta lacra da sociedade que acaba coa vida de tantas mulleres cada ano”.
Para este sábado, día 16 de novembro, está organizada unha andaina contra a violencia de xénero desde Burela a San Ciprián.
“Este próximo sábado súmate á Andaina contra a Violencia de Xénero organizada por Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo-BUMEI coa colaboración do Concello de Cervo. A ruta partirá da Praia da Marosa, en Burela, ás 10:30 horas, e rematará na Praza Nardo Martínez, en San Ciprián. Camiña 8 quilómetros pola igualdade!”, anuncia o Concello de Cervo.
Ao finalizar haberá pinchos e autobús de volta ao punto de partida.
Para participar hai que inscribirse previamente e o prazo remata o 13 de novembro.
O Concello de Cervo organiza unha andaina popular polo Día Mundial Contra o Cancro de Mama. A cita será o sábado 19 de outubro ás 11:00 horas e o punto de encontro é o peirao de San Ciprián. A continuación haberá unha sesión de Ioga na Casa do Mar, para todas as persoas que desexen asistir.
Os diferentes edificios municipais de Cervo iluminaranse de cor rosa, para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
Este luns, 1 de xullo, ábrese o prazo de inscricións para a 1ª Andaina Solidaria organizada por Nordés, a asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora, en colaboración co Concello de Mañón.
Esta andaina, cun percorrido de 5 kms con saída e chegada á Praza do Mesón de O Barqueiro, terá lugar o sábado 20 de xullo, estando aberto o prazo para as inscricións ata o venres 19.
O prezo da inscrición solidaria é de 15 € para os adultos e 10€ para menores de 18 anos, destinándose a totalidade do recadado para unha causa solidaria, que nesta ocasión será a doazón dos cartos a unha ONG ou institución que traballe coa infancia na Franxa de Gaza. Sabido é que dende outubro pasado máis de 14 mil menores foron mortos nese territorio do estado Palestino pola acción dos bombardeos, accións bélicas, fame ou enfermidades...
leer másO día 7 de xullo, domingo, terá lugar a quinta edición da Andaina contra o cancro en Foz. A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello. É unha iniciativa da asociación Os Sendeiros con colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer.
A organización destaca que a ruta é fácil e accesible. Desde a Praza do Concello os participantes irán cara á costa para percorrer o paseo das praias e rematará no porto.
Para participar hai que inscribirse, a través dos teléfonos 628.43.70.14 ou 670.36.90.17, e o prazo remata o 5 de xullo.
A primeira edición da Andaina Monte Comado, no concello de Barreiros, será este domingo, 16 de xuño, desde as 10 da mañá. A saída e a chegada será na explanada enfronte da igrexa de San Miguel de Reinante, ao lado da pista de pádel.
Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden facelo a través das webs www.mediokmverticalmontecomado.jimdofree.com e https://ccnorte.com/.
A organización explica que “o percorrido sairá da igrexa de San Miguel cara á capela do San Estevo da Pagá, continuará polos camiños ata o embalse e seguirá ó son do rego cara a Comado, cruzarase a estrada de Remourelle e seguirase por camiños forestais ata Penalonga. De alí baixaremos a Comado e descenderemos, por camiños ata a...
leer másPresentouse no entorno das praias de Caolín e Vidreiro a cuarta edición do Trail do Vicedo, acto que contou coa presenza do alcalde, José Jesús Novo Martínez; membros do Club Lar Trail e Montaña, coorganizadores do evento; e Raquel Sánchez Pulgar, irmá de Natalia Sánchez Pulgar, impulsora deste trail. O evento terá lugar o domingo 19 de maio.
A organización anuncia que “igual que os anos anteriores hai tres probas: un trail de 25 quilómetros, outro de 15 quilómetros e unha andaina, tamén de 15 quilómetros, que discorren por unhas paraxes espectaculares como son o entorno do Fuciño do Porco, as praias de Area Grande, Xilloi, Caolín e Vidreiro. Hai que destacar algunhas novidades respecto a outras edicións: acúrtase o trail longo a uns 25 quilómetros; hai varios tramos novos, sobre todo no inicio do trail longo e en zonas da costa onde se pasa máis cerca do...
leer másOs días 25 e 26 de maio, sábado e domingo, celebrarase en Riotorto a segunda edición do Trail e Andaina Os Muíños. Esta proba está organizada pola Asociación de Veciños da Ferreira e o Concello de Riotorto.
O sábado día 25 será a andaina, de 14 quilómetros, a partir das 16:00 horas. E o domingo 26 ás 09:30 horas comezará o trail longo, que percorrerá un traxecto de 27 quilómetros, e o trail corto sairá ás 10 da mañá e será de 17 quilómetros.
As inscricións para participar poden realizarse ata o 21 de maio en www.galitiming.com.
- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »