O Concello de Cervo organiza unha andaina popular polo Día Mundial Contra o Cancro de Mama. A cita será o sábado 19 de outubro ás 11:00 horas e o punto de encontro é o peirao de San Ciprián. A continuación haberá unha sesión de Ioga na Casa do Mar, para todas as persoas que desexen asistir.
Os diferentes edificios municipais de Cervo iluminaranse de cor rosa, para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.