Andaina
O Concello de Cervo organiza unha andaina en conmemoración do Dia Internacional contra o Cancro de Mama.
Ás 17:30H a supervisora da unidade de cirurxía no Hospital da Costa de Burela, María Eugenia Rodríguez Barreiro, dará unha charla sobre a materia no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.
A continuación iniciarase unha andaina con saída na propia Casa da Cultura.
Para a Concelleira Mali Méndez “é importante que, despois da pausa obrigada do ano anterior debido á pandemia, poidamos seguir levando a cabo esta andaina que xa se viña celebrando durante moitos anos”. Engade tamén que “desde o Concello de Cervo queremos aportar o noso pequeno grao de area á hora de visibilizar e crear conciencia sobre a importancia desta enfermidade que afecta diariamente a tantas mulleres”.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a II Andaina contra o Cancro, en colaboración con la delegación local da AECC, que terá lugar o 11 de xullo.
A marcha discorrerá polas rúas de Foz, cunha lonxitude de 5´7 quilómetros e rematará no porto onde haberá huchas para recoller donativos. A saída será ás 10:30 horas da praza do Concello.
Para participar é obrigatorio anotarse e pódese facer nos teléfonos: 606 718 482, 670 369 017 e 680 426 933. O prazo remata o venres, 9 de xullo.
Os organizadores levan a cabo esta iniciativa, un ano máis, para visibilizar a loita contra esta enfermidade e recadar fondos para esa causa.
O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, participou este luns, na Casa Habanera de Guitiriz, na presentación das XII Xornadas do PeregrinoAbrindo Camiño nas comarcas de A Mariña e a Terra Chá. No marco desta iniciativa, impulsada pola Asociación de Amigos do Camiño do Norte Abrindo Camiño e na que colaboran a Deputación e os concellos de Lourenzá, Mondoñedo, Foz, Barreiros e Guitiriz, realizaranse catro andainas no mes de xuño para impulsar o Camiño do Norte ao seu paso pola provincia de Lugo.
As tres primeiras rutas serán os días 16, 23 e 29 de xuño e discorrerán pola variante marítima do Camiño do Norte, polos municipios de Ribadeo, Barreiros, Foz, Lourenzá e Mondoñedo. A cuarta andaina será o 30 de xuño polo Camiño do Norte ao seu paso polas localidades de Baamonde,en Begonte, e Parga, en Guitiriz.
... leer másUnha nova iniciativa deportiva acaba de porse en marcha no Concello de Xove, denomínase XOVE COSTA TRIAL (XCT).
O día escollido para esta cita é o domingo, 24 de marzo. Nesta carreira imos ter dúas distancias: unha de 25 km (XCT25KM) e outra de 13 km (XCT13KM), así como unha ANDAINA DE 11 KM.
A saída desta carreira farase dende o Cabo de Morás, transcurrindo pola costa de Xove, pasando por lugares tan atractivos coma a Illa de Sarón, Coto da Vela, Punta Merixe, Praia de Portocelo, San Tirso, Roncadoira, Ensenada de Coído, Punta Mansa, Praia do Muiñelo, etc. ata chegar ao Centro Cívico. O percorrido vai pasar polas seguintes parroquias do Concello: Morás, Portocelo, Xuances, Sumoas, Lago e Xove.
A concentración inicial realizarase na Praza do Centro Cívico, onde os participantes...
leer másO Concello de Lourenzá conmemorará o Día Contra o Cancro de Mama este venres, día 19, cunha charla, andaina e merenda solidaria.
A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “o salón do Centro Social Torreón dos Frades, de Lourenzá, acollerá este venres, 19 de outubro, ás 16:30 horas unha charla titulada Impacto psicolóxico do Cancro de Mama, que será impartida pola psicooncóloga Carmen Rubiños López. A continuación terá lugar unha andaina solidaria polas principais rúas de Vilanova e colocaranse tres lazos rosas en tres lugares emblemáticos do pobo. E, xa para rematar, polas 18:30 horas os asistentes volverán ó centro social Torreón dos Frades para merendar chocolate e mantecadas”.
As actividades son organizadas pola Concellería de Servizos Sociais. Rocío López e a concelleira Mercedes Dengra invitan “a todos os veciñ@s a...
O Concello de Cervo, a través da delegación de Sanidade que dirixe Mali Méndez, organiza diversas actividades con motivo do Día Mundial contra o Cancro de mama, que ten lugar cada 19 de outubro.
Méndez explicou que o venres terá lugar unha mesa redonda na Casa da Cultura, ás 18:00 horas, na que participarán o fisioterapeuta Aladino Fernández e a psicóloga da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na zona da Mariña, Carmen Rubiños.
O domingo, 21 de outubro, terá lugar unha andaina popular. Será ás 17:30 horas e o punto de encontro é o peirao de San Ciprián. A continuación haberá unha clase de zumba aberta a todo o público na Casa do Mar.
As persoas participantes nas actividades poden aportar o seu donativo para a loita contra esta enfermidade dirixido á Asociación Española contra o...
leer másA asociación cultural Francisco Lanza, coa colaboración do Concello, organiza a actividade denominada Unha tarde en Rinlo, que terá lugar este sábado, 4 de novembro.
Ás 16:00 horas será a saída desde Os Canapés para ir andando a Rinlo pola ruta da costa.
Ás 19:00 horas na escola vella, celebrarase a presentación do libro Charamuscas do escritor e percebeiro da Costa da Morte Suso Lista.
Posteriormente haberá unha actuación musical de falapandeiretas de Rinlo Erikas e Peluxías e degustación de petiscos.
Os organizadores recomendan para a volta o FEVE das 22:10 horas.
- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4