Mes da Muller

Etiquetas:
27/02/2025

O Concello de Xove inicia as actividades do Mes da Muller cunha andaina e chocolatada o día 8 de marzo, sábado.

 “En Xove marzo é o Mes da Muller. Así quixemos lematizar este ano á programación de actividades polo Día Internacional da Muller, sendo o noso obxectivo principal seguir avanzando cara a unha sociedade mais igualitaria. Por isto este ano o mes de marzo estará cheo de actividades dirixidas ás mulleres, comezando o día 8, no que terá lugar unha andaina ás 17:00 horas. O punto de saída será o Centro Cívico do Concello. As persoas que desexen participar deberán inscribirse no Departamento de Servizos Sociais, de maneira presencial, antes do día 5 de marzo”, anuncia o Concello de Xove, que engade: “posteriormente, ás 18:30 horas, celebrarase no salón de actos a xa coñecida chocolatada”.