Sarria
A asociación Mariña Patrimonio está a organizar unha visita a Sarria para o domingo 20 de outubro, aproveitando que é día de feira. Pola mañá, visitarán diversos lugares dentro da propia vila de Sarria, acompañados por Xaime Félix López Arias (Arlindo), gran coñecedor da súa historia. A visita da mañá rematará no campo da feira, onde terán reservado un lugar para xantar. Neste caso especial cada quen encargarase de pedir o que desexe para xantar así como de pagar directamente aos do mesón. Pola tarde verán o mosteiro da Magdalena antes de regresar.
O bus sairá da Cruz do Lobo ás 8 horas e recollerá participantes en Foz, Burela, Cervo, Xove e Viveiro, desde onde iremos ata Sarria. O prezo, que incluirá bus e actividade, será de 15 euros para socios/as de Mariña Patrimonio e de 25 euros para o resto de asistentes.
...
leer más