Solidaria
Este luns, 1 de xullo, ábrese o prazo de inscricións para a 1ª Andaina Solidaria organizada por Nordés, a asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora, en colaboración co Concello de Mañón.
Esta andaina, cun percorrido de 5 kms con saída e chegada á Praza do Mesón de O Barqueiro, terá lugar o sábado 20 de xullo, estando aberto o prazo para as inscricións ata o venres 19.
O prezo da inscrición solidaria é de 15 € para os adultos e 10€ para menores de 18 anos, destinándose a totalidade do recadado para unha causa solidaria, que nesta ocasión será a doazón dos cartos a unha ONG ou institución que traballe coa infancia na Franxa de Gaza. Sabido é que dende outubro pasado máis de 14 mil menores foron mortos nese territorio do estado Palestino pola acción dos bombardeos, accións bélicas, fame ou enfermidades...
leer másO sábado 13 de abril ás 14:00 horas na Finca Galea, de Alfoz, celebrarase unha nova edición da gala benéfica “Alfoz Solidario”, a favor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC). O evento é promovido, un ano máis, por un grupo de persoas de Alfoz interesadas en colaborar coa xunta provincial da AECC en Lugo, a quen lle serán entregados os beneficios obtidos.
Ademais de poder participar na propia gala, que “desta volta se celebrará a mediodía con comida e baile”, segundo indican desde a organización, tamén se pode colaborar mediante donativos á Mesa Cero para aquelas persoas interesadas en colaborar que non podan asistir. Por outro lado, as empresas e locais comerciais que o desexen tamén poderán colaborar aportando agasallos que se sortearán ao longo da gala.
Desde o grupo organizador agradecen a todos os...
leer másO auditorio municipal de Burela acollerá unha gala musical solidaria contra o cancro o día 27 de xaneiro, sábado, ás sete da tarde. Está organizada pola asociación Esperanza e o grupo musical Acordeonistas da Mariña, que actuará no evento xunto a Acordeóns Terras do Miño, Begoña López, Lino Rico e Diavolinos.
A recadación será doada para a investigación do cancro. O prezo da entrada é de 5 euros e inclúe un número para o sorteo dunha cesta de peixe valorada en 250 euros. Pódense adquirir anticipadamente na tenda Cinza, de Burela, e os mércores no local da asociación Esperanza ou na taquilla do auditorio o día da gala.
A asociación xuvenil Xoldra, de Mondoñedo, organiza a cuarta edición da Carreira Solidaria Findano, que se celebrará este domingo, 31 de decembro, ás 16:30 horas con saída desde a Praza do Concello mindoniense, onde se recollerán os dorsais a partir das 15:30 horas.
As inscricións para participar, que custan 7 euros, deben facerse a través da web galitiming.com e o prazo remata o 29 de decembro.
A organización explica que “como de costume, haberá premios e a totalidade dos beneficios serán doados á Fundación Eu Son”.
Para máis informacións as persoas interesadas poden contactar co teléfono 680.78.34.35.
O Movemento Artístico da Mariña, coa colaboración do Concello de Foz, organiza unha gala solidaria a beneficio dos colectivos Médicos sin fronteras e UNRWA España (comité español da axencia das Nacións Unidas para os refuxiados de Palestina). Será o 18 de novembro, sábado, na Sala Bahía, de Foz ás 20:30 horas.
O evento denomínase Compromiso 2023 pola paz, pola dignidade, pola xustiza. Haberá escultura, música, pintura, poesía e cerámica.
O grupo teatral O Centiño, de San Martiño, organiza a sétima edición da súa gala solidaria. Será o 16 de decembro, sábado, ás 19:00 horas na Sala Bahía de Foz.
O Centiño ofrecerá a obra “Trepa, Tripa e Tropa” e no intermedio da representación actuará o grupo musical Pandereteiras da Subela.
A entrada é gratuíta, pero recolleranse doazóns para Cáritas. Para este evento O Centiño conta coa colaboración da asociación A Subela e do Concello de Foz.
En Foz haberá unha Andaina Solidaria Contra o Cancro o 2 de xullo, domingo, na que colaboran a delegación local da Asociación Española Contra el Cáncer, o Concello de Foz e o colectivo Os Sendeiros de Foz. A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello e o prazo para inscribirse remata o 30 de xuño.
Os Sendeiros de Foz explican que “al término de la misma en el puerto habrá una mesa con una hucha para recoger los donativos para ayudar en la lucha contra el cáncer”.
As rapazas e rapaces do Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro, coa colaboración do Concello de Viveiro e da Branque Asociación Cultural organizan este venres, 28 de abril, a primeira edición da Andaina Solidaria con motivo do Día Internacional de Deporte polo Desenvolvemento e a Paz que se conmemorou este mes.
O obxectivo desta iniciativa é por en valor a importancia da Saúde Mental entre as máis novas e novos.
“Todos os involucrados nesta Andaina Solidaria consideramos que é unha iniciativa marabillosa por parte dos integrantes do Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro. Estamos convencidos de que suporá un punto de partida no proceso de eliminación de prexuízos e estigmas en relación aos problemas de Saúde Mental, especialmente nas mais pequenas e pequenos”, afirma a Concelleira de Benestar Social,...
leer másO 4 de febreiro, coincidindo co Día Mundial contra o Cancro, celebrarase na Finca Galea de Alfoz unha nova gala benéfica Alfoz Solidario, a favor da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc). O evento, non se puido realizar nos últimos dous anos debido á pandemia coo Covid 19, é promovido por un grupo de oito persoas interesadas en colaborar coa xunta provincial da Aecc en Lugo. O grupo está formado por Conchita Pardiñas, Marisa Rubal, María José Seco, Dora Trobo, Nati Andón, Carmen Geada, Ana Carballo e Xabier Pardiñas.
Desde a organización indican que, como sempre, existen varias formas de colaborar con Alfoz Solidario, “poderase participar na propia gala, composta por unha cea e baile, ou mediante donativos á Mesa Cero para aquelas persoas interesadas en colaborar que non podan asistir”. Os tickets poñeranse á venta a partir da próxima...
leer másO Centro de Información á Muller (CIM) e a Delegación de Muller e Igualdade do Concello de Burela organizan a I Andaina Solidaria contra a Violencia de Xénero, en colaboración coa Asociación “Pasada das Cabras” e o Grupo de Participación Xuvenil.
A iniciativa solidaria terá lugar o domingo 20 de novembro ás 10 da mañá, realizando un percorrido de 7 quilómetros con saída e chegada na Praza do Concello de Burela.
Poderase colaborar aportando un quilo/litro de alimento non perecedoiro ou ben produtos de hixiene que se recollerán o propio día da andaina.
A concelleira de Muller e Igualdade, Mª Noelia Ben, convidou a toda a veciñanza a participar para “rexeitar a violencia de xénero na nosa sociedade e sumar esforzos en favor da igualdade entre os sexos e a non discriminación ás nenas e ás...
leer más