Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Ourol organiza un ano máis a Andaina contra a Violencia de Xénero. Será o propio día 25 de novembro, luns, ás 12:30 horas no Paseo da Rega
O Concello de Ourol explica que “esta actividade ten como obxectivo sensibilizar á poboación sobre o problema mundial que representa a violencia contra as mulleres e concienciar tanto a mulleres coma homes da importancia de que todas as persoas axuntemos forzas para rematar con esta lacra da sociedade que acaba coa vida de tantas mulleres cada ano”.