Andaina
O Centro de Información á Muller (CIM) e a Delegación de Muller e Igualdade do Concello de Burela organizan a I Andaina Solidaria contra a Violencia de Xénero, en colaboración coa Asociación “Pasada das Cabras” e o Grupo de Participación Xuvenil.
A iniciativa solidaria terá lugar o domingo 20 de novembro ás 10 da mañá, realizando un percorrido de 7 quilómetros con saída e chegada na Praza do Concello de Burela.
Poderase colaborar aportando un quilo/litro de alimento non perecedoiro ou ben produtos de hixiene que se recollerán o propio día da andaina.
A concelleira de Muller e Igualdade, Mª Noelia Ben, convidou a toda a veciñanza a participar para “rexeitar a violencia de xénero na nosa sociedade e sumar esforzos en favor da igualdade entre os sexos e a non discriminación ás nenas e ás...
leer másO Concello de Cervo organiza, un ano máis, unha andaina con motivo do Día Internacional Contra o Cancro de Mama que terá lugar o vindeiro mércores, 19 de outubro, tal e como informa a edil de Sanidade, Mali Méndez.
O punto de encontro será no Peirao de San Ciprián ás 17:30 horas, e despois da andaina está prevista unha actividade de "Zumba Sentao" no parque Reina Sofía, se as condicións meteorolóxicas o permiten, do contrario será trasladada á sala de actividades múltiples da Casa do Mar.
Méndez tamén informou que os diferentes edificios públicos municipais se iluminarán de rosa, cor que simboliza a loita contra esta enfermidade.
Desde o Concello de Cervo animan a toda a veciñanza a sumarse ás diferentes actividades previstas, na medida do posible con indumentaria de cor rosa, "prendas que se entregaron nas andainas que...
O Concello de Xove, xunto coa asociación A Balea Verde, organizan a Camiñata Nocturna Perseidas, unha andaina para ver esta espectacular chuvia de estrelas, tamén coñecida como as lágrimas de San Lorenzo.
Esta ruta terá lugar o 12 de agosto, saíndo as 23:00 horas dende A Balea Verde, na Praia de Morás. Terá unha duración aproximada de dúas horas, e deberase levar luz frontal ou lanterna, bastóns e esterilla ou manta.
As prazas son limitadas, as persoas interesadas en acudir poderán inscribirse na OMIX ata o venres, 12 de agosto.
Os Sendeiros de Foz organiza a Andaina contra o Cancro que terá lugar o vindeiro domingo, 31 de xullo.
A saída será ás 10:00 horas da Praza do Concello.
As persoas interesadas en participar poden facer a súa inscrición ata o venres 29 nos números de teléfono: 628 437014 da AECC Foz e 670 369 017 de Sendeiros de Foz.
Colaboran na organización deste evento: Asociación Española contra o Cancro e o Concello de Foz.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta circular polo monte Rebollín, en Salas (Asturias), o día 12 de xuño.
A saída será ás 7:00 horas de Foz e ás 7:15 h. de Ferreira.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 8 de xuño nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 37 euros para os federados, 41 para os socios non federados e 45 euros para o socio temporal. Está incluído o xantar.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.
O Concello de Barreiros organiza para o domingo 9 de xaneiro a Carreira Popular Solidaria de Reis con categorías para menores e adultos así como unha andaina de 10 kms. que tamén terá carácter solidario. O prazo de inscrición para as dúas modalidades finaliza o día 6 de xaneiro ás 23:59 h.
A organización doará o 30% de cada inscrición da carreira así como a totalidade do recadado coas inscricións da andaina ao proxecto socioeducativo "Sinfónico no rural" da Fundación Xesús Bal y Gay que se está a levar a cabo estes meses en Barreiros. Un proxecto para achegar a música clásica e os instrumentos a calquera familia con independencia da capacidade adquisitiva ou da posibilidade desprazamento.
Ás 10:30, no campo de fútbol O Cascabeiro, darase a saída da andaina. O percorrido circular de 10 km dá a posibilidade de...
leer másO día 13 de novembro, organizada por AGADER (Axencia Galega de Desenvovemento Rural), desenvolverase unha andaina popular contra a violencia de xénero.
Realizarase un tramo do Camiño do Mar (recoñecido como un dos Camiños de Santiago oficiais) de 5 km, desde a praia de Esteiro, en Xuances (Xove), ata a praia de Area, en Viveiro, ao terminar a andaina haberá un pequeno aperitivo.
A hora á que haberá que estar no punto de partida é as 10:30 horas, onde se repartirán unhas sudadeiras da xornada entre os participantes e a saída á ruta será ás 11:00 horas. O tramo levará aproximadamente 1 hora e media.
As persoas interesadas en participar poden anotarse por mensaxe privado ou no teléfono: 609 83 76 45 (preferiblemente mediante WhatsApp).
O Concello da Pontenova organiza unha andaina con magosto para o día 6 de novembro, sábado.
O programa de actividades ábrese ás 09:30 horas coa concentración dos participantes na Praza dos Fornos, desde onde ás 10:00 horas comezará a andaina, que se fará por unha ruta que ten unha distancia de 9,1 quilómetros. Ao remate, que está previsto para as 13:30 horas, recollerase ao sendeiristas en autobuses para trasladalos á Praza dos Fornos onde a partir das 14:00 horas haberá un xantar a base de empanada e castañas asadas.
O prezo é de 5 euros por participante e a data límite para inscribirse é o 2 de novembro.
O Concello de Cervo organiza unha andaina en conmemoración do Dia Internacional contra o Cancro de Mama.
Ás 17:30H a supervisora da unidade de cirurxía no Hospital da Costa de Burela, María Eugenia Rodríguez Barreiro, dará unha charla sobre a materia no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.
A continuación iniciarase unha andaina con saída na propia Casa da Cultura.
Para a Concelleira Mali Méndez “é importante que, despois da pausa obrigada do ano anterior debido á pandemia, poidamos seguir levando a cabo esta andaina que xa se viña celebrando durante moitos anos”. Engade tamén que “desde o Concello de Cervo queremos aportar o noso pequeno grao de area á hora de visibilizar e crear conciencia sobre a importancia desta enfermidade que afecta diariamente a tantas mulleres”.