Xove
A trixésimo cuarta edición do Curso de Formación Orquestral de Semana Santa celebrarase en Xove do 12 ao 16 de abril. Está organizado pola asociación Prestoxove co patrocinio do Concello.
Este evento foi presentado por Demetrio Salgueiro (alcalde de Xove), María Dolores Meitín (concelleira de Cultura), Xan Carballal (presidente da asociación Prestoxove) e Xulia Nogueira (tesoureira do colectivo organizador).
Desenvolverase no salón de actos do Centro Cívico de Xove. O martes 15 de abril ás 18:00 horas haberá un concerto de cámara e o mércores 16 de abril ás 19:00 horas un concerto de clausura.
Dirixe o curso Xan Carballal e os profesores invitados son Nazaret Canosa, Mila García e Sofía Canoura.
O Concello de Xove, a través da Área de Muller e Igualdade, organiza actividades de conciliación familiar, para nenas e nenos de 3 a 10 anos de idade, durante a Semana Santa, concretamente os días 14, 15, 16 e 21 de abril de 8:45 a 14:15 horas.
Para participar hai que inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) ou na sede electrónica do Concello de Xove. O prazo remata o día 31 de marzo, luns.
O Concello de Xove organiza un curso de iniciación ao mundo dixital para persoas maiores de 60 anos. Desenvolverase desde o luns 7 ata o venres 11 de abril de 16:30 a 18:30 horas na sala de informática da Oficina Municipal de Información Xuvenil.
Este curso está adaptado a todos os niveis que permitirán ás persoas participantes aprender a navegar de forma segura por Internet, utilizar as redes sociais e a banca dixital, etcétera.
O prazo de inscrición está aberto ata o venres 21 de marzo na OMIX ou chamando ao teléfono 982.57.18.16.
A sexta edición da carreira Xove Costa Trail celebrarase esta fin de semana, sábado 22 e domingo 23 de marzo, e foi presentada este xoves na Praza do Concello, nun acto que contou coa participación do alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro.
Este evento deportivo está organizado pola Asociación Cultural Deportiva Xove, que explica: “Xove Costa Trail é unha carreira de montaña e costeira que na maior parte do seu percorrido transcorre pola Senda Costeira de Xove e polo Camiño Natural do Cantábrico, o seu paso pola costa do concello de Xove, dende a praia de Portonovo, nos limites co Concello de Viveiro, ata a Praia de Lago, para logo adentrarse cara á parte interior do Concello de Xove por sendeiros e pistas forestais de uso público, para finalizar na Praza do Concello, no Centro Cívico de Xove. A carreira XCT 27 Km ten un desnivel acumulado de...
leer másO Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza un faladoiro titulado Coñece o teu ciclo menstrual. Será este venres, día 21 de marzo, ás 19:00 horas no salón de actos municipal.
Correrá a cargo de María González, matrona e fundadora do Centro M. “Neste taller María vainos proporcionar un autocoñecemento e unha visión positiva do ciclo menstrual da muller, para deste xeito poder obter ferramentas para xestionar o seu ciclo, entendendo cal é a normalidade e o que non é”, explica a organización desta actividade.
Xove acolle un contacontos teatralizado para nenas e nenos de máis de 3 anos este xoves, 20 de marzo
Xove acolle un contacontos teatralizado, a cargo de Trémola Teatro e titulado Daniel e Daniela, para nenas e nenos de máis de 3 anos este xoves, día 20 de marzo. Será ás 11:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.
Esta actividade está organizada pola Área de Muller e Igualdade do Concello de Xove.
O Concello de Xove, desde o Departamento de Servizos Sociais, segue coas actividades dentro do programa En Xove marzo é o mes da muller e este venres, día 14, ás 19:00 horas no salón de actos municipal terá lugar unha charla que leva por título Alimentación nas distintas etapas da muller. Será impartida pola dietista Saray Río, especialista en nutrición clínica e educación nutricional e fundadora da web www.nutretuplato.es.
“Nesta charla Saray vainos ensinar a adaptar a alimentación segundo as necesidades de cada fase, desmentindo mitos e ofrecendo consellos prácticos”, explica o Concello de Xove.
Este martes foi presentada a vixésimo sexta edición da ruta cabalar que vai ter lugar o vindeiro domingo, día 16 de marzo, por diferentes paraxes do concello de Xove e que cada ano organiza a Asociación Equina A Medela. No acto participaron o presidente da asociación, Leandro Quelle, acompañado polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Agricultura, Gandería e Montes, María Dolores Meitín.
As actividades empezarán ás 10:00 horas cunha ruta que sairá do campo da igrexa de Sumoas, onde ás 14:30 horas terá lugar un xantar. Tamén haberá sorteo de agasallos.
Para participar hai que inscribirse e o prazo remata este xoves, 13 de marzo.
A concelleira de Turismo en Xove, Cecilia Duarte Fernández, anuncia: “esta fin de semana, o venres 14, sábado 15 e domingo 16 de marzo, recibiremos en Xove aos socios da AGA (Asociación Galega de Autocaravanas). O pobo estará cheo de autocaravanas, arredor dunhas 150-180, e visitarannos unhas 250 persoas. Irán chegando ao longo da semana, pero a maior afluencia espérase para o venres. Estacionarán os seus vehículos na zona de parking de autocaravanas, no parque novo Pumtrack, na recta de Xove, na subida ao colexio Pedro Caselles Rollán, enfronte do colexio, Campo de fútbol, Nave Almacén do Concello, parking Centro de Saúde e Cuartel da Garda Civil”.
Cecilia Duarte explica tamén que “o sábado realizarán distintas actividades, entre elas a ruta con audioguías da Zona Etnográfica da Baleeira, en Morás, a Ruta das Fadas ou Ruta dos Muiños, na...
leer másO Concello de Xove inicia as actividades do Mes da Muller cunha andaina e chocolatada o día 8 de marzo, sábado.
“En Xove marzo é o Mes da Muller. Así quixemos lematizar este ano á programación de actividades polo Día Internacional da Muller, sendo o noso obxectivo principal seguir avanzando cara a unha sociedade mais igualitaria. Por isto este ano o mes de marzo estará cheo de actividades dirixidas ás mulleres, comezando o día 8, no que terá lugar unha andaina ás 17:00 horas. O punto de saída será o Centro Cívico do Concello. As persoas que desexen participar deberán inscribirse no Departamento de Servizos Sociais, de maneira presencial, antes do día 5 de marzo”, anuncia o Concello de Xove, que engade: “posteriormente, ás 18:30 horas, celebrarase no salón de actos a xa coñecida chocolatada”.