O día 7 de xullo, domingo, terá lugar a quinta edición da Andaina contra o cancro en Foz. A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello. É unha iniciativa da asociación Os Sendeiros con colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer.
A organización destaca que a ruta é fácil e accesible. Desde a Praza do Concello os participantes irán cara á costa para percorrer o paseo das praias e rematará no porto.
Para participar hai que inscribirse, a través dos teléfonos 628.43.70.14 ou 670.36.90.17, e o prazo remata o 5 de xullo.