Foliada
A Asociación Musical A Chocolateira, da Pontenova, organiza a súa sétima foliada para este sábado, 1 de xuño.
As actividades empezarán ás 12:00 horas cunha actuación de Branca Villares sobre Os Maios. Despois haberá sesión vermú con A Chocolateira e ás 14:00 horas terá lugar a actividade “Honra os nosos gaiteiros”. De 15:30 a 17:00 horas será o xantar, para o que hai que levar a comida. A continuación haberá billarda e xogos tradicionais a cargo de Troitas Bravas e Xotramu e para as 18:00 horas está programado un concerto infantil de Paco Nogueiras, ás 19:30 horas actuará o grupo Toxo Queimado e ás 21:00 empezará a cea. Rematarán os actos cun concerto do grupo De Ninghures, ás 22:00 horas.
Este sábado, 11 de maio, no Conservatorio de Música de Viveiro terá lugar a Foliada do Maio, actividade organizada polo Colectivo Pensamento e Sementeira.
Ás 19:30 horas dará comezo un obradoiro de baile impartido por Ramón do Serrador e ás 21:00 horas será o inicio da foliada, na que actuarán os grupos Bágoas da terra, Saíñas, O son do sor, Cordenaia, As Ferriñas e Espera que vou mexar.
Está é a primeira actividade organizada pola nova directiva do Colectivo Pensamento e Sementeira, que se fixo cargo do mesmo recentemente para revitalizalo.
O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a asistir o sábado 4 de maio á VIII Foliada e á Feira de Artesanía e Alimentación, que terán lugar na Praza do Souto desde as 11:00 horas.
A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, representantes da Deputación, e por membros da A.C. Recreativa Fervenza de Sargadelos, da agrupación Fol do Raxal e A Morena, que organizan o evento no que colabora, como cada edición, o Concello de Cervo.
O día está repleto de actividades diversas pensadas para desfrutar con amigos e familia. Ás 11:30 horas, está previsto un obradoiro de construción de xoguetes musicais da man de Pablo Pintor, que se desenvolverá nas Escolas Vellas de Cervo. Ás 12:00 horas, no salón de actos do Concello, terá lugar a presentación do traballo de investigación a Gaita na Terra de Melide...
leer másSan Ciprián acollerá o sábado 23 de marzo a VIII Foliada Nordestía cun programa completo e variado pensado para todos os públicos, que se desenvolverá na Praza dos Campos.
A cita está organizada por A Rebolaxe e conta coa colaboración do Concello de Cervo,
O rexedora, Dolores García Caramés, a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, e membros da asociación organizadora A Rebolaxe, presentaron o evento que encherá de vida e moita música San Ciprián durante todo o día.
O programa arrinca ás 12:00 horas con Cantos de Taberna polos diferentes locais de hostalería. A inscrición está aberta ata o 13 de marzo, a través do correo a foliadanordestia.cantos@gmail.com .
Xa ás 15:00 horas está previsto un xantar popular e pola tarde haberá...
leer másO sábado 3 de xuño celebrarase na Pontenova a súa sexta Foliada.
As actividades comezarán ás 11:00 horas cunha aproximación aos bailes da Fonsagrada a cargo de Adrián Méndez.
Ás 13:00 horas actuarán os gaiteiros da zona Desiderio, Nela, Modesto e amigos e despois o cuarteto Ponte da Pedra.
Despois da comida ás 17:00 horas haberá xogos tradicionais e despois actuación infantil de maxia e globoflexia a cargo de Ian Richard Hamilton.
Ás 19:30 horas actuarán A Chocolateira e un grupo de gaitas de A Pastoriza e a partir das 22:00 horas tocará o grupo Tanto nos ten.
O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a asistir este próximo sábado, 6 de maio, á VII Foliada e á Feira de Artesanía e Alimentación que terá lugar na Praza do Souto, desde as 10:00 horas, cando dará comezo un obradoiro de construción de pandeiretas con Sanín.
A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, xunto con representantes da A.C. Recreativa Fervenza de Sargadelos, da agrupación Fol do Raxal e A Morena, que organizan o evento, no que colabora o Concello de Cervo.
Ás 12:00 horas abrirá ao público a Feira de Artesanía e Alimentación e desde esa hora tamén se sucederán diferentes actuación de grupos de música e baile tradicional da contorna; será un pasabares a cargo de A Rebolaxe (San Ciprián), Amado Lar (Valadouro), Arume (Burela) e as Cantareiras...
leer másSan Ciprián acollerá o sábado 1 de abril a VII Foliada Nordestía cun programa completo e variado pensado para todos os públicos, que se desenvolverá na carpa instalada na Praza dos Campos.
A cita, que non se celebraba desde o 2019, estáorganizada por A Rebolaxecoacolaboración económica e de material, do Concello de Cervo.
O rexedor Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e membros da asociación organizadora A Rebolaxe, presentaron o evento que encherá de vida e moita música San Ciprián durante todo o día.
O programa arrinca ás 12:00 horas con Cantos de Taberna polos diferentes locais de hostalería, ás 15:00 horas está previsto un xantar popular e xa pola tarde haberá xogos e animación infantil a cargo de Miudiño, e un obradoiro de baile, ás 19:00 horas.
... leer másDesde a asociación cultural Saiñas sinalan que “despois de 2 anos e medio estamos en disposición de celebrar a XV Festa do Lacón e Foliada da Mariña en Xove (Lugo) o sábado 19 de novembro e encantaríanos poder contar cos tod@s vos”. Será no pavillón de Xove.
E explican que “haberá pola tarde obradoiros con Imavi Complementos Iria Pigueiras e Xaneco Tubío. Despois suculenta cea e chocolatada e sorteos de estancia en hotel por un lado e mariscada para 2 persoas en Restaurante Louzao por outro”.
A foliada dará comezo ás 22:30 horas con Cordenaia, de Cervo, Os do 21, de O Vicedo, gaiteiros e cantareiros de Saiñas, de Xove, e hai previstos máis grupos por concretar.
Os organizadores engaden: “agradecemento especial ó Concello de Xove e colaboradores Establecementos Rey Oficial, Pizzería...
leer másO Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a asistir este sábado, 7 de maio, á VI Foliada e á Feira de Artesanía e Alimentación que terá lugar na Praza do Souto, desde as 12:00 horas.
A cita foi presentada este mediodía pola tenente alcalde e edil de Cultura, Dolores García Caramés, polo concelleiro de Turismo, David Rodríguez e pola edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, xunto con representantes da A.C. Recreativa Fervenza de Sargadelos, da agrupación Fol do Raxal e A Morena, que organizan o evento, no que colabora o Concello de Cervo.
A cita musical e gastronómica dará comezo ás 12:00 horas, cando abrirá ao público a Feira de Artesanía e Alimentación e desde esa hora tamén se sucederán diferentes actuación de grupos de música e baile tradicional da contorna: A Rebolaxe (San Ciprián), Amado Lar (Valadouro),...
leer másA.C.R. Fervenza de Sargadelos organiza a VI edición da Foliada de Cervo que se celebrará o día 7 de maio, se as condicións sanitarias o permiten.
A organización comunica que aqueles grupos que desexen participar deben inscribirse no seguinte formulario: https://forms.gle/33p1DLw7ZomMfpTjB.
Colaboran na organización deste evento: Asociación Fol do Raxal, Marmeladas a Morena e Concello de Cervo.
A Foliada de Cervo volve celebrarse despois de dous anos de parón debido á pandemia. En edicións anteriores desenvolvéronse obradoiros e actividades musicais para a xente miúda. Ademais o programa complétase cun festival folklórico, cantos de taberna e foliada libre.