Andaina

Etiquetas:
17/08/2023

A asociación Sendeiros de Foz organiza a última andaina para este verán. Esta será unha travesía de 13 kms polo cordal dos montes do Buio o sábado 26 de agosto. O punto de encontro terá lugar no Cenor Belianorte de Foz ás 9 da mañá.

Os organizadores comentan que a dificultade da ruta será media e aconsellan levar calzado con debuxo e bastóns para as zonas de pendente con grava solta.

Como  noutras ocasións, é obrigatorio anotarse de antemán. Neste caso poderá facerse ata o 24 de agosto nos teléfonos 670.369.017 e 606.718.482 ou no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es ; onde tamén poderase recibir información adicional. Ademais os non federados deben pagar 5 euros.

Etiquetas:
17/07/2023

O club de montaña focense Os Sendeiros propón unha nova andaina este mes. Será este sábado, 22 de xullo, cando os participantes realizarán a ruta de San Acisclo. Trátase dunha bonita andaina de 13 quilómetros. A saída será ás 9 horas diante do Concello e alí collerán un bus que os levará ao inicio do percorrido.

O prezo será de cinco euros para os non federados e de cero para os que si o sexan. Para anotarse ou así mesmo recibir máis información existen os números de contacto 670.369.017 (Morís) e o 606.718.482 (Laura) e tamén o correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. É obrigatorio anotarse antes do vindeiro xoves 20 de xullo xa que as prazas son limitadas.

Os organizadores informan de que se trata dunha ruta de dificultade media e se recomenda levar equipo adaptado de...

leer más
Etiquetas:
24/06/2023

En Foz haberá unha Andaina Solidaria Contra o Cancro o 2 de xullo, domingo, na que colaboran a delegación local da Asociación Española Contra el Cáncer, o Concello de Foz e o colectivo Os Sendeiros de Foz. A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello e o prazo para inscribirse remata o 30 de xuño.

Os Sendeiros de Foz explican que “al término de la misma en el puerto habrá una mesa con una hucha para recoger los donativos para ayudar en la lucha contra el cáncer”.

Etiquetas:
16/05/2023

Presentouse na praia de Vidreiro a terceira edición do Trail do Vicedo, que se celebrará o vindeiro domingo, 21 de maio. Asistiron o alcalde do Concello de O Vicedo, José Jesús Novo Martínez, Raquel Sánchez Pulgar, irmá de Natalia Sánchez Pulgar, impulsora deste Trail en 2019 e falecida correndo en 2021, e integrantes do Club Peña Lar Trail y Montaña, coorganizadores da proba.

Mañá, 17 de maio, será o último día para poder anotarse ás probas (andaina, Trail 28K e Trail 15K). Desde a organización subliñan que “para a andaina quedan poucas prazas xa”. O percorrido pasará pola Costa de O Vicedo dende leste a oeste, comezando no entorno do Fuciño do Porco e rematando no Porto do Vicedo tras pasar por varias praias do municipio.

10/05/2023

Desde a AC O Pasatempo sinalan: “sumámonos este domingo, 14 maio, á celebración do Día das Letras Galegas no noso veciño concello de Lourenzá, cunha actividade que recorda ó homenaxeado Francisco Fernández Del Riego e a súa amizade co escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro”.

A actividade comeza ás 10 horas diante da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, na Praza da Catedral, cunha andaina popular ata a Casa de Fernández Del Riego en Vilanova de Lourenzá, percorrendo os arredor de 9 quilómetros de distancia que hai polo Camiño de Santiago.

Desde O Pasatempo indican: “coa chegada prevista ás 12:30 horas, leremos unha das cartas que se recollen no libro Cartas ao meu amigo e que o escritor mindoniense enviaba desde a súa casa da Praza da Catedral ó seu gran amigo laurentino,quén xa se atopaba en Vigo. Posteriormente á lectura...

leer más
Etiquetas:
24/04/2023

As rapazas e rapaces do Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro, coa colaboración do Concello de Viveiro e da Branque Asociación Cultural organizan este venres, 28 de abril, a primeira edición da Andaina Solidaria con motivo do Día Internacional de Deporte polo Desenvolvemento e a Paz que se conmemorou este mes.

O obxectivo desta iniciativa é por en valor a importancia da Saúde Mental entre as máis novas e novos.

“Todos os involucrados nesta Andaina Solidaria consideramos que é unha iniciativa marabillosa por parte dos integrantes do Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro. Estamos convencidos de que suporá un punto de partida no proceso de eliminación de prexuízos e estigmas en relación aos problemas de Saúde Mental, especialmente nas mais pequenas e pequenos”, afirma a Concelleira de Benestar Social,...

leer más
Etiquetas:
27/10/2022

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha ruta polo municipio asturiano de Villanueva de Oscos o domingo 6 de novembro. Trátase da ruta PR 241 Senda Verde del Agüeira. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.

Esta actividade inclúe o xantar e os prezos son: 35 euros para socios federados, 39 euros para socios non federados e 43 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 2 de novembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

 

Etiquetas:
26/10/2022

O Centro de Información á Muller (CIM) e a Delegación de Muller e Igualdade do Concello de Burela organizan a I Andaina Solidaria contra a Violencia de Xénero, en colaboración coa Asociación “Pasada das Cabras” e o Grupo de Participación Xuvenil.

A iniciativa solidaria terá lugar o domingo 20 de novembro ás 10 da mañá, realizando un percorrido de 7 quilómetros con saída e chegada na Praza do Concello de Burela.

Poderase colaborar aportando un quilo/litro de alimento non perecedoiro ou ben produtos de hixiene que se recollerán o propio día da andaina.

A concelleira de Muller e Igualdade, Mª Noelia Ben, convidou a toda a veciñanza a participar para “rexeitar a violencia de xénero na nosa sociedade e sumar esforzos en favor da igualdade entre os sexos e a non discriminación ás nenas e ás...

leer más
Etiquetas:
16/10/2022

O Concello de Cervo organiza, un ano máis, unha andaina con motivo do Día Internacional Contra o Cancro de Mama que terá lugar o vindeiro mércores, 19 de outubro, tal e como informa a edil de Sanidade, Mali Méndez.
 
O punto de encontro será no Peirao de San Ciprián ás 17:30 horas, e despois da andaina está prevista unha actividade de "Zumba Sentao" no parque Reina Sofía, se as condicións meteorolóxicas o permiten, do contrario será trasladada á sala de actividades múltiples da Casa do Mar.
 
Méndez tamén informou que os diferentes edificios públicos municipais se iluminarán de rosa, cor que simboliza a loita contra esta enfermidade.
 
Desde o Concello de Cervo animan a toda a veciñanza a sumarse ás diferentes actividades previstas, na medida do posible con indumentaria de cor rosa, "prendas que se entregaron nas andainas que...

leer más
Etiquetas:
08/08/2022

O Concello de Xove, xunto coa asociación A Balea Verde, organizan a Camiñata Nocturna Perseidas, unha andaina para ver esta espectacular chuvia de estrelas, tamén coñecida como as lágrimas de San Lorenzo.

Esta ruta terá lugar o 12 de agosto, saíndo as 23:00 horas dende A Balea Verde, na Praia de Morás. Terá unha duración aproximada de dúas horas, e deberase levar luz frontal ou lanterna, bastóns e esterilla ou manta.

As prazas son limitadas, as persoas interesadas en acudir poderán inscribirse na OMIX ata o venres, 12 de agosto.