Monte Comado
A asociación Praias de Comado organiza conxuntamente co Concello de Barreiros unha nova edición do Trail Monte Comado que volverá contar, na mañá do domingo 13 de outubro, con dúas distancias: 12 e 26 kms.
Dende o Concello de Barreiros, organizador do Circuíto +Kms Barreiros no que se inclúe esta proba, destacan “a importante aposta a nivel económico e de traballo organizativo cara ás probas que integran o circuíto, xa que é unha forma tamén de apostar polo turismo deportivo e desestacionalizalo; así como de colaborar coas asociacións do Concello”, manifestou a alcaldesa, Ana Ermida.
A rexedora sinalou o “empuxe dado ás carreiras populares desde o Concello nos últimos anos, organizando un circuíto que inclúe todas as carreiras que se celebran no municipio e converténdoas nunha cita non só deportiva, senón tamén...
leer másO vindeiro domingo, 21 de xullo, Barreiros acollerá a décima edición da carreira popular 1/2 km Vertical Monte Comado, un evento deportivo consolidado que segue medrando ano a ano como así o demostran as máis de 150 persoas inscritas para esta edición.
O evento deportivo está organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado en colaboración co Concello de Barreiros. A carreira forma parte do circuíto de carreiras populares MáisKmsBarreiros que organiza o Concello de Barreiros.
O concelleiro de dinamización, Dani García, sinala que “o feito de estar no marco do circuíto máiskmsbarreiros dálles ás probas que se celebran no municipio un carácter uniforme pero sempre respectando as peculiaridades da cada unha”.
As competicións darán comezo ás 11:00 horas co Trail infantil que...
leer másA primeira edición da Andaina Monte Comado, no concello de Barreiros, será este domingo, 16 de xuño, desde as 10 da mañá. A saída e a chegada será na explanada enfronte da igrexa de San Miguel de Reinante, ao lado da pista de pádel.
Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden facelo a través das webs www.mediokmverticalmontecomado.jimdofree.com e https://ccnorte.com/.
A organización explica que “o percorrido sairá da igrexa de San Miguel cara á capela do San Estevo da Pagá, continuará polos camiños ata o embalse e seguirá ó son do rego cara a Comado, cruzarase a estrada de Remourelle e seguirase por camiños forestais ata Penalonga. De alí baixaremos a Comado e descenderemos, por camiños ata a...
leer más