Para este sábado, día 16 de novembro, está organizada unha andaina contra a violencia de xénero desde Burela a San Ciprián.
“Este próximo sábado súmate á Andaina contra a Violencia de Xénero organizada por Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo-BUMEI coa colaboración do Concello de Cervo. A ruta partirá da Praia da Marosa, en Burela, ás 10:30 horas, e rematará na Praza Nardo Martínez, en San Ciprián. Camiña 8 quilómetros pola igualdade!”, anuncia o Concello de Cervo.
Ao finalizar haberá pinchos e autobús de volta ao punto de partida.
Para participar hai que inscribirse previamente e o prazo remata o 13 de novembro.