A primeira Andaina Solidaria, que organiza Nordés, desenvolverase no Barqueiro o 20 de xullo

Este luns, 1 de xullo, ábrese o prazo de inscricións para a 1ª Andaina Solidaria organizada por Nordés, a asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora, en colaboración co Concello de Mañón.

Esta andaina, cun percorrido de 5 kms con saída e chegada á Praza do Mesón de O Barqueiro, terá lugar o sábado 20 de xullo, estando aberto o prazo para as inscricións ata o venres 19.

O prezo da inscrición solidaria é de 15 € para os adultos e 10€ para menores de 18 anos, destinándose a totalidade do recadado para unha causa solidaria, que nesta ocasión será a doazón dos cartos a unha ONG ou institución que traballe coa infancia na Franxa de Gaza. Sabido é que dende outubro pasado máis de 14 mil menores foron mortos nese territorio do estado Palestino pola acción dos  bombardeos, accións bélicas, fame ou enfermidades.

Para anotarse á andaina haberá que facer o ingreso do prezo de inscrición no número de conta de Nordés: ES24 0182 0679 2602 0158 2325 , ou por bizum ao número 653 75 64 54 (Ricardo B.), dando os datos da persoa ou persoas inscritas por whatsapp a ese mesmo número de teléfono.

Nordés agradece “ao Concello de Mañón a súa colaboración ao poñer á disposición da organización recursos humanos e materiais que permiten a esta asociación sacar adiante esta proposta da Andaina Solidaria que esperamos teña continuidade en novas edicións”.