Piñeiro, en Ribadeo, celebra a festa do Carme este sábado, 13 de xullo

A localidade de Piñeiro, que está na parroquia ribadense de Cedofeita, celebrará a festa na honra da Virxe do Carme este sábado, 13 de xullo.

As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Matices, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Master.