Trabadela

Etiquetas:
22/03/2018

Trabadela, localidade da parroquia de Sante, no concello de Trabada, celebra as súas tradicionais festas na honra de San Xosé os días 31 de marzo e 1 de abril, sábado e domingo.

Os festexos empezarán o sábado 31 de marzo ás dúas da tarde coa sesión vermú que estará amenizada pola orquestra Compostela, que tamén actuará na verbena, a partir das dez e media da noite, xunto co grupo Montreal.

O domingo 1 de abril haberá misa solemne ás 13:30 horas e a continuación sesión vermú coa orquestra Abanico, que tamén actuará na verbena, programada para as dez da noite.

O recinto festivo estará cuberto con carpa.

Os organizadores das festas de Trabadela son Sara, José Luis, Josefa, Antonio, Venancio e Jose.