Románico

Etiquetas:
10/05/2024

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou na Catedral de Lugo, nun acto aberto ao público, a cuarta e última guía do románico editada pola institución provincial para difundir e poñer en valor este patrimonio na provincia, dedicada ás comarcas de Lugo, A Terra Chá e A Mariña. Un libro que, tal e como explicou José Tomé, vén a completar o proxecto editorial que iniciou a Deputación no ano 2021 con publicacións sobre este tipo de arte no conxunto da provincia. 

Na presentación, o Presidente estivo acompañado polos deputados provinciais PabloRivera Capón e MarisolMorandeira; o Vicario xeral da Diocese de Lugo, Mario Vázquez; a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; e tamén alcaldes e alcaldesas das comarcas de Lugo, A Mariña e Terra Chá.

“Cando presentamos este proxecto, faciámolo convencidos...

leer más
27/04/2023

A Deputación de Lugo lanza a terceira edición do programa de actividades gratuítas con motivo do Día da Transrománica, que se celebra o 9 de maio. Son 16 rutas guiadas gratuítas polo patrimonio románico da provincia que se desenvolveran ao longo de cinco xornadas do mes de maio. 

As visitas faranse os días 6, 7, 9, 13 e 14 de maio eestarán dirixidas por un guía oficial de turismo. Cada itinerario conta cun máximo de 25 prazas, polo que no conxunto do programa ofértanse un total de 400 prazas.

As inscricións poderán facerse na webhttp://inscricions.deputacionlugo.orgdendeeste mesmo venres, 28 de abril,ata completar o aforo. Para máis información, as persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 982.260.011 e 982.260.234, ou dirixirse ao correo...

leer más