Reis Magos
O Concello de Burela recibe mañá venres, 5 de xaneiro, a visita das súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, cunha gran xornada de festa dirixida á rapazada da vila e as súas familias.
A cabalgata de Melchor, Gaspar e Baltasar sairá ás 19:00 horas da rúa do Ril e o percorrido terminará na praza da Mariña, onde celebrarase a recepción das súas maxestades. Haberá rosconada con premios e chocolatada, ademais do gran sorteo do chupachup de ouro valorado en 3.000 euros.
“A deste venres será unha tarde chea de maxia, antes da noite máis especial do ano para os máis pequenos da casa. Animamos a toda a veciñanza a achegarse á cabalgata, desfrutar e saudar aos Reis Magos na carpa da praza da Mariña", sinala Carmela López, alcaldesa de Burela.
No caso de que a meteoroloxía sexa moi adversa, o...
leer másA cabalgata dos Reis Magos en Lourenzá, que se celebrará este venres, 5 de xaneiro, sairá ás 16:30 horas desde o recinto feiral de Vilanova para percorrer todas as parroquias do municipio. E ás 19:00 horas os Magos de Oriente recibirán aos nen@s nos baixos da Casa do Concello.
Está organizada polo Concello de Lourenzá.
Este venres, 5 de xaneiro, os Reis Magos de Oriente visitarán Barreiros desde as 10 da mañá acompañados de panxoliñas a cargo do alumnado de Sinfónico no Rural e repartirán agasallos.
Melchor, Gaspar e Baltasar viaxarán miles de quilómetros para achegarse a distintos lugares de Barreiros (Reinante, Vilamartín Pequeno, Vilamartín Grande, Gondán, A Rilleira, Cabarcos, Vilamar e San Xusto) antes de facer o seu percorrido en coche de época polos barrios de San Cosme, previo á recepción, que terá lugar ás 20:00 horas no centro sociocultural.
A cabalgata dos Reis Magos en Mondoñedo, que se celebrará este venres, 5 de xaneiro, organizada polo Concello, inclúe un percorrido polas rúas da cidade e visitas ás parroquias e ao Hospital San Pablo e San Rafael.
Ás 10:00 horas as súas Maxestades de Oriente empezarán o percorrido polas parroquias mindonienses que realizarán ao longo da mañá. Ás 18:00 horas sairán da Alameda dos Remedios e ás 19:00 horas recibirán aos nenos e nenas no auditorio. Pola tarde tamén visitarán o Hospital San Pablo e San Rafael.
A Cabalgata de Xove vai comezar ás 19:00 horas, saíndo da nave-almacén do Concello (ao carón do Campo Municipal) e rematará, coma sempre, no Pavillón de Deportes.
Os Reis, antes da Cabalgata, farán unha visita previa aos maiores na Residencia San Bartomeu.
Para rematar, unha vez finalizada a Cabalgata, todos os participantes poderán disfrutar de música cunha Disco-Móbil no Pavillón.
Na visita que as súas maxestades os Reis Magos de Oriente teñen prevista ao concello da Pontenova, anuncian, que van a comezar o seu percorrido probando a tirolina das Minas.
A cita será do 5 de xaneiro, e comezará ás 17:30 horas coa primeira parada na tirolina das Minas, cando remate esta “pequena aventura” continuaran ata a Praza dos Fornos onde percorrerán as rúas do concello, e onde esta prevista a súa chegada arredor das 18:00 horas. Despois trasladaranse a Casa da Cultura para repartir agasallos e caramelos a tódolos nenos e nenas que vaian visitalos.
Os Reis Magos xa están de camiño e chegarán a Foz o día 5 de xaneiro.
Para que todos os nenos e nenas os poidan ver, realizarán un percorrido polas rúas da vila.
Desde a organización subliñan que “como temos que continuar con precaución pola covid19, os Reis viaxarán nas súas carrozas sen acompañantes e non farán a súa parada no Concello. Pero todas as nenas e nenos poderán saudalos de forma ordenada na Sala Bahía".
Os Reis Magos visitarán Lourenzá mañá, mércores, e recibirán @s nen@s nso baixos da Casa do Concello de 17 a 19 horas. Pero non se fará cabalgata, debido á situación na que se atopa a pandemia de Covid, segundo explica o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.
O Concello de Viveiro anuncia para este mércores, 5 de xaneiro, a visita dos Reis Magos á vila, adaptada ao actual contexto sanitario. Esa tarde as súas maxestades realizarán un amplo percorrido para saudar a todos os nenos e nenas viveirenses.
Os Reis Magos partirán dende Celeiro ás 17:30 en cadanseu vehículo. Pasarán pola ponte da misericordia, cara ao paseo marítimo, subindo posteriormente ata a rotonda das Sirenas. A continuación, descenderán por Cantarrana e pola variante ata o barrio de Xunqueira.
En Landrove darán a volta para regresar pola travesía principal de Viveiro, pasando polo colexio San Roque, a residencia Betania e San Lázaro. Finalmente, regresarán ata Celeiro pasando antes por Lavandeiras. Co obxectivo de evitar aglomeracións, non se repartirán caramelos durante o percorrido.
... leer másTralos continuos cambios e viravoltas destes últimos días, logramos contactar cos Reis Magos para que se pasasen polo noso concello.
As maxestades atenderán aos máis pequenos da casa facendo a seguinte ruta: Casa da Cultura, Igrexa das Oiras, Igrexa do Pereiro, Pinguela, Reirado, Igrexa de Bacoi, Igrexa de Carballido, Igrexa de Adelán, Castro e por último achegaranse ao pavillón de Alfoz para atender a quen así o desexe e recoller as cartas que sexan necesarias.
Dende a directiva explican que “decidimos realizar un formato reducido deste evento e non contará coa oferta lúdica nin coa tradicional chocolatada. Rógase prudencia e uso obrigatorio da máscara”.