A Pontenova
A novena edición da Ruta Ecuestre da Pontenova, organizada pola asociación Equus Norte, celebrarase o día 12 de abril, sábado.
As actividades comezarán ás 10:00 horas cun café no Lar de Balbina e ás 10:30 horas sairá a ruta dende a área recreativa do Pozo da Ola. Ao rematar haberá unha comida con música a cargo de DJ Bombardero
Para participar poden facerse as inscricións a través dos teléfonos 662.062.625 (Pepín) ou 633.913.203 (Noelia)
A organización explica que “aqueles que queiran asistir só á comida poderán adquirir os tickets no Hotel Restaurante San Briz. Os participantes na ruta ecuestre deberán inscribirse antes do día 10 de abril para obter o ticket da comida”.
Saldoira, no concello da Pontenova, acollerá unha charla da Garda Civil sobre estafas a través das novas tecnoloxías (sms, whatsapp, email,…). Será o día 12 de abril, sábado, ás 17:00 horas.
Está organizada pola asociación veciñal San Pedro da Ribeira coa colaboración da Garda Civil.
A cuarta edición do Trail As Minas celebrarase na Pontenova este domingo, día 30 de marzo, desde as 10:30 horas. A saída e a meta estará na Praza dos Fornos.
Este evento deportivo está organizado pola Asociación Cultural e Deportiva As Minas, da Pontenova, que anuncia que haberá: carreira, andaina, música, pinchos e sorteos.
Os deportistas que participen no trail percorrerán unha distancia aproximada de 18 quilómetros e a andaina será duns 5 quilómetros. Irán por camiños de terra e pistas, que estarán pechados a todos os vehículos excepto os autorizados pola organización. A saída das carreiras será ás 10:30 horas e andaina empezará ás 10:45 horas.
A inscrición faise a través da páxina web https://ccnorte.com/. O prazo remata este xoves, 27 de marzo, as...
leer másSaldoira, no concello da Pontenova, acollerá unha charla da Garda Civil sobre seguridade para persoas maiores este sábado, día 15 de marzo. Será ás 17:00 horas no Centro Social Blanca Muruais. A entrada é gratuíta con aforo limitado.
Está organizada pola asociación veciñal San Pedro da Ribeira e a súa presidenta, Alba Fernández Lodeiro, explica que é “unha charla para previr estafas, timos, roubos... á xente maior”.
A Pontenova acollerá a sétima edición da Ruta da Troita para vehículos todoterreo esta fin de semana desde o venres día 14 ata o domingo 16 de marzo. Este evento está organizada por Team Fozamontes.
As actividades comezarán o venres con degustación de pinchos e presentación da ruta. O sábado terá lugar a ruta para coches, motos e quads, con churrascada ao mediodía e cea con festa amenizada por Hermo Truck. E o domingo haberá trial de obstáculos e circuíto de velocidade.
Sanxés, no concello da Pontenova, celebrará as súas festas na honra ó Santo Anxo esta fin de semana, desde o venres 28 de febreiro ata o domingo 2 de marzo.
As actividades comezarán o venres pola noite coa inauguración do campo da festa. Haberá música tradicional e pinchos de balde, pero haberá que abonar a bebida.
O sábado ás 12:00 horas celebrarase misa solemne e despois haberá precesión e vermú co trío Mar de Caión, que tamén actuará na verbena xunto á cantante Verónica Cambón.
E o domingo a partir das 13:30 horas haberá sesión vermú con Dj Bombardero.
A Pontenova terá actividades para celebrar o Entroido os días 1 e 2 de marzo, sábado e domingo.
O sábado 1 haberá unha ruta de tapas de Entroido polos establecementos hostaleiros participantes, que son: O Lar de Balbina, Rony Bar, Sidrería A Mina, Cafetería Casa da Cultura e Bar Puente. Está organizada polo Concello da Pontenova, que explica: “cada participante na ruta deberá ir disfrazado e selar a súa tarxeta en cada un dos bares sinalados. Entre tódalas persoas disfrazadas que presenten a tarxeta selada completamente sortearanse unha serie de vales regalo. O sorteo realizarase no Rony Bar ese mesmo día ás 1:00 horas da madrugada. Os vales regalo poderanse canxear ata o 30 de xuño de 2025”.
E o domingo 2 celebrarase o Carnaval infantil, desde as 17:00 horas no Pavillón Municipal Tito Margaride. Haberá xogos,...
leer másA asociación cultural e deportiva As Minas, da Pontenova, pon en marcha unha nova iniciativa, denominada Actividades en familia, que comezará o día 25 de febreiro, martes, de 17:30 a 18:30 horas, na Casa da Cultura.
A organización explica que é “unha iniciativa orientada a un traballo conxunto entre todas as familias. A finalidade é que cada semana unha familia organice a actividade que decida levar a cabo”.
É unha actividade dirixida a familias con crianzas entre 0-5 anos.
A inscrición debe facerse a través do número de teléfono 626.098.702 antes do 21 de febreiro.
A Asociación de Veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova) organiza un cocido de Entroido para o día 15 de febreiro, sábado, ás 14:00 horas.
O prezo para as persoas asociadas o colectivo veciñal é de 25 euros e as que non o son terán que pagar 30 euros. O prazo para anotarse está aberto ata o 10 de febreiro.
O Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) da Pontenova anuncia que Miguel Ángel Revilla será o pregoeiro da Festa da Troita da Pontenova 2025, evento que se celebra o día 1 de maio, xoves.
O CIT explica que Miguel Ángel Revilla “naceu en Salceda, no concello de Poblaciones (Cantabria). É pescador, economista, profesor e escritor. Foi Presidente de Cantabria. O seu carácter afable e sincero levouno a ser todo un personaxe mediático en España. Ademais ten vínculos familiares na Pontenova. Será todo un acontecemento telo como pregoeiro e imporáselle a Troita de Ouro da festa”.