A parroquia de Santa Cilla, no concello de Foz, celebrará as súas festas na honra á Virxe do Carme esta fin de semana, desde o venres 12 ata o domingo 14 de xullo.
As actividades comezarán o venres ás 21 horas con churrascada e chourizada amenizada polo dúo Belinda e a orquestra madrileña La Misión.
O sábado haberá misa solemne ás 13 horas, seguida de procesión e sesión vermú a cargo do grupo Lume, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Montreal.
E o domingo celebrarase misa solemne ás 13 horas e a continuación haberá procesión e sesión vermú, co dúo Belinda, que tamén amenizará a sesión de tarde a partir das 19 horas. Ademais os nenos e nenas poderán gozar de inchables gratis.
A organización destaca que o recinto da festa estará cuberto con carpa e disporán de amplos aparcamentos.