Charlas

14/08/2024

O comunicador viveirense Antonio Lage-Seara falará sobre as orixes de Os Vivero, unha familia influínte na historia universal, nunha charla que terá lugar na igrexa parroquial de San Estevo do Val (O Vicedo) este sábado, 17 de agosto, ás 10:30 horas. O acto será presentado por Manuel Salgueiro.

Esta actividade está organizada polo Concello de O Vicedo, que anuncia que é unha “charla divulgativa sobre a historia dunha familia que tivo moito poder na corte, saltando a América e Asia. Os Vivero foron señores de Viveiro e más tarde de Galdo, o que incluía as parroquias de Cabanas, San Román, San Estebo,…”.

 

31/07/2024

A asociación Mariña Patrimonio organiza para este venres, día 2 de agosto, a conferencia titulada "Pardo de Cela e o pazo da Rigueira de Ferrol (Xove)" a cargo do profesor Antón Meilán García. O acto terá lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove a partir das 20:00 horas.

Mariña Patrimonio explica: “Antón Meilán compartirá connosco a súa ampla investigación sobre Pardo de Cela. Ademais de contextualizar historicamente a figura do Mariscal, falará sobre a importancia que tivo o pazo da Rigueira na súa vida para concluír cunha reflexión sobre o personaxe Pardo de Cela como mito na actualidade”.

25/07/2024

A Delegación de Cultura do Concello do Valadouro organiza un encontro do proxecto Galicia Latente, unha iniciativa de Eduardo de Martís. Será na Casa da Cultura, en Ferreira do Valadouro, este sábado, día 27 de xullo, ás 18:00 horas.

O Concello do Valadouro explica que “Galicia Latente é un proxecto para achegar ás persoas o valor social, económico e sustentable que atesoura a cultura galega no presente. Así mesmo planeta unha visión holística desde onde visibilizar os retos e oportunidades que nos están a conformar.
O proxecto ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e divulgación fotográfica da cultura galega (seguramente o único do presente) e as súas múltiples realidades que estamos a vivir en Galicia. Está autoeditado polo fotógrafo Eduardo de Martís e componse de 221 páxinas, 233 fotografías feitas entre os anos 2020...

leer más
Etiquetas:
18/07/2024

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza na Casa da Cultura Poeta Manuel María, de Foz, a XXVII edición das xornadas de historia do municipio. As conferencias desenvolveranse entre o 29 de xullo e o 1 de agosto ás 20:30 horas.

O luns 29 de xullo Rafael Quintía falará sobre “A medicina popular na Mariña”, o 30 de xullo a charla de Antonio Múñoz tratará sobre os mariñáns vítimas do nazismo, o 31 de xullo Antón Meilán abordará “A loita de Pardo de Cela” e o 1 de agosto Antonio Rodríguez Baixeras falará sobre “A Mariña romana”.

17/07/2024

A Irmandade Santo Estevo, Mariña Patrimonio e a Fundación Eira da Xoana (ADEGA), organizan para este venres, 19 de xullo, unha charla encontro sobre a fraga de Santo Estevo do Ermo e os seus restos arqueolóxicos. Será ás 20:00 horas  no salón de actos do Centro Sociocultural de Barreiros.

Este encontro ten como finalidade informar sobre o proceso de adquisicón da parcela onde se atopan os restos arqueolóxicos así como debater e intercambiar ideas sobre a ampliación da fraga de Santo Estevo do Ermo e a revalorización deste xacemento medieval.

Etiquetas:
09/07/2024

A directiva da agrupación Cultural Francisco Lanza informa que do xoves 18 ao sábado 20 de xullo celebraranse as XXII Xornadas de Historia Local. Esta edición estará dedicada á actividade no Porto de Porcillán, abordando tarefas tanto a nivel tecnolóxico, coa construción de navíos, como a nivel comercial, coa intensa actividade mercantil desenvolvida polos nosos barcos no norte de Europa.

O presidente da agrupación, Farruco Graña, explicou que “contaremos coa presenza de dous conferenciantes: Joam Carmona Badia, catedrático de Historia e Institucións Económicas da USC e Alberto Paraje, veciño de Ribadeo e gran coñecedor da nosa historia que xa colaborou en anteriores Xornadas de Historia Local”.

Os eventos terán lugar no Salón de Actos da Casa do Mar, en horario de 20:30 a 22:30. 

Graña...

leer más
07/07/2024

O vindeiro venres, 12 de xullo, terá lugar unha Xornada de Degustación e Promoción Viños IXP Terras do Navia que a partir das 17:00 horas da tarde nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, dentro do marco de colaboración establecido entre AGV (Asociación Galega de Viticultura), integrada na FRUGA (Federación Rural Galega) e na que tamén participa e colabora directamente o Concello de Barreiros.

Haberá a charla coloquio Manual de Boas Prácticas Vitivinícolas da IXP Terras de Navia na que intervirán Xosé Antonio Meixide, de Adega Bordel, e Manuel Cancio, de Adega Panchín. 

E para as 18:10 horas está prevista unha cata comentada dos viños da IXP Terras do Navia. Na mesma participará o sumiller Martiño Santos. 

 

24/06/2024

O Foro Social de Mariña organiza ás 20 horas dos días 27 e 28 de este mes, no CENIMA de Foz, sendas mesas redondas, coa intención de coñecer máis de preto a realidade e o alcance da xestión que nos concellos da comarca estase a realizar na área de servizos sociais básicos, e dar visibilidade ao traballo social despregado para atender as necesidades dos maiores e das persoas e colectivos vulnerables, así como avaliar a suficiencia dos recursos humanos e materiais empregados na súa atención.

Así mesmo, o Foro Social da Mariña quere agradecer a tódolos concellos da comarca e ás súas áreas de servizos sociais comunitarios a súa colaboración para facilitar a información e os datos precisos para obtermos unha mellor comprensión da realidade e posibilitar a celebración das palestras.

Na primeira mesa redonda, a do día 27...

leer más
17/06/2024

Este martes, día 18 de xuño, haberá un novo faladoiro da iniciativa, Charlando,  dentro do programa Arruguiñas organizado polo Concello de Cervo. Será ás 18:30 horas no local da asociación de Xubilados Terramar, na Casa do Mar de San Cibrao.

Está dirixido á poboación en xeral e nesta ocasión a temática xirará en torno á enfermidade mental nas persoas adultas (mitos, estigmas, causas, tratamento...). Estas sesións están dirixidas por María José Novoa (traballadora social e coach) e Sonia Nogueiras (psicóloga).

“Non te perdas estas charlas didácticas moi necesarias nos tempos nos que vivimos xa que os problemas de saúde mental serán a principal causa de discapacidade no mundo no ano 2030”, explica o Concello de Cervo.

07/06/2024

O Concello de Ourol, en colaboración coa Garda Civil, vai a levar a cabo unha charla sobre riscos de estafa, roubos nos domicilios, timos e outros problemas de seguridade nas persoas maiores. Está enmarcada dentro do Plan Maior de Seguridade posto en marcha polo Ministerio de Interior dirixido á prevención e mellora da seguridade das persoas maiores. Terá lugar no Edificio Multiusos do Concello o día 13 de xuño, xoves, ás 11:00 horas.

Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.489.457).