Labores

Etiquetas:
21/10/2019

O Concello de Ourol organiza un curso de labores e manualidades.

A actividade dará comezo o día 4 de novembro e terá lugar na Casa da Cultura, en horario de 17:30 a 19:30 horas.

O prazo de inscrición remata o día 28 de outubro e os/as interesad@s poden anotarse no número de teléfono 982 55 90 19. As prazas son limitadas e a actividade está dirixida a persoas de todas as idades.